Burela, 10 de xuño de 2014. A empresa 3A 2020 Consultores SLP cumpre 15 anos e co obxectivo de facilitarlle as cousas aos seus clientes organiza diferentes accións ao longo deste 2014. 3A Consultores presentará en breve a súa nova páxina web, remodelará as súas instalacións no mes de agosto e celebrará unha xornada sobre A sucesión da empresa familiar, este xoves, 12 de xuño, ás 19 horas no hotel Nordés, en Burela.
Antonio Dorrego, economista en 3A Consultores, explica que “con motivo do 15º aniversario de 3A 2020 Consultores Sociedad Limitada Profesional vamos acometer unha serie de actividades na empresa cun único obxectivo, que é facilitarlles a vida aos nosos clientes. Non podemos perder de vista que asesorar é axudarlle ao cliente sobre todo a despreocuparse en certos aspectos e a vivir tranquilo. O empresario ten que dedicarse a rendibilizar a súa empresa e todo aquilo que poida delegar, sobre todo nos seus asesores, debe ser delegado”.
Dorrego contou que “unha desas actividades vai ser o redeseño da páxina web da empresa cunha innovación básica, que é que os clientes van ter acceso á documentación da que son titulares. Por exemplo van poder acceder aos seus impostos ou á documentación bancaria que previamente nos teñan transmitido por vía telemática. Van poder facelo con usuario e clave, por suposto, exclusivamente á súa documentación. Unha vez que a páxina estea en marcha seralles moi cómodo descargar documentación do noso servidor ou da nube”.
Antonio Dorrego indicou que “no mes de agosto levaremos a cabo unha reforma das instalacións, co que vamos intentar que sexan máis acolledoras. Xa teñen certo tempo e necesitan unha renovación para darlles un aspecto máis dinámico, máis acolledor para que o cliente se sinta máis cómodo. Esperamos telas listas a finais de agosto, que é o mes de menos actividade para o despacho”.
3A Consultores tamén organizará unha serie de charlas, que se inauguran este xoves, día 12. “Pretendemos que teña continuidade e traer relatores de primeira categoría. Nesta primeira o tema principal vai ser a sucesión na empresa familiar dende unha dobre vertente: por unha parte a tributaria, pois queremos que o empresario poida cuantificar o que lle vai custar aos seus fillos herdar a empresa. Esta vai ser impartida por Antonio López Díaz, que é catedrático de Dereito Tributario da Universidade de Santiago de Compostela. E no mesmo acto haberá unha segunda charla, que estará máis centrada no entorno familiar, concretamente na prevención de conflitos na sucesión da empresa. Tratará do protocolo familiar, que é un documento interno que elabora o entorno familiar da empresa e que pretende servirlles de guía aos membros da unidade familiar para ir preparando a sucesión e para ver quen vai gobernar a empresa unha vez que o patriarca xa non estea. O que se pretende en definitiva é que a empresa non desapareza máis alá da primeira xeración. Esta segunda parte vai ser impartida por Luis Granda, que é socio director da empresa coruñesa Accint Estudio de Planificación, probablemente a única de España que está especializada no protocolo familiar”, engadiu Antonio Dorrego.
No futuro 3A 2020 Consultores SLP ten previsto organizar outras charlas nas que se abordarán cuestións de máxima actualidade.






















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



