Lugo, 28 de xuño de 2014.- Aínda que o tempo non acompañou, ó redor de 100 persoas foron as primeiras en entrar na auga a través Surf-Camp que se celebrarou na praia barreirense de Lóngara. Esta actividade, financiada nun 80% con fondos europeos do programa medioambiental da Deputación Lug02, contribúe a desestacionalizar o turismo ó tempo que pon en valor a riqueza paisaxística da provincia. Na xornada de hoxe, dende primeira hora da mañá, xente dende ós 7 ata os 47 anos, atrevéronse a entrar no mar para aprender cales son ás técnicas deste deporte, que cada vez ten un maior número de afeccionados.
O Surf-Camp é a unica actividade que hai en España na que se pode aprender de xeito completamente gratuíto cales son os segredos deste deporte da man da élite europea do surf. Este feito sorprendeu a Aitor Francesena, ex-seleccionador nacional e actualmente adestrador de Aritz Aramburu, un dos maiores e máis laureados surfistas en todo o mundo, destacou que “ a calidade das ondas, grandes e longas; xunto coa escasa masificación das praias da Mariña, converten á costa de Lugo nunha das mellores zonas, por non dicir a mellor, para practicar este deporte”. O ex-seleccionador, que perdeu a visión logo dun aparatoso accidente surfeando, salientou que “ se xuntamos a riqueza natural das praias e a gastronomía da provincia, para surfear, Lugo non ten rival”
Os cen participantes, maioritariamente galegos e asturianos, amosaron xa dende ás 9:00 horas da mañá, moito entusiasmo e ganas de aprender o máximo posible sobre o deporte “de moda”. Distribuídos en varios grupos, de iniciación, perfeccionamento e profesional, estiveron moi atentos ás indicacións dos profesionais deste deporte. Francesena, o adestrador da élite do surf, foi a última persoa en darlle consellos ós participantes antes de que se meteran na auga e afirmou que “é un pracer ver como o meu deporte goza de tanta fama entre a xente do norte da península”.
Última xornada
A 4ª edición do Surf-Camp remata o domingo día 29, despois dunha fin de semana chea de actividades e emocións. Entre ás 12:00 e ás 14:00 horas, os mellores surfistas de Europa, acompañados de monitores, ensinarán a surcar as olas a todos aqueles que o desexen na praia focense da Rapadoira. Despois, a Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables achegarase ata esta praia, para participar na entrega de premios que terá lugar ás 14:00 horas.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



