A A.C.R.D Aturuxeiros de Bravos invita a toda persona que queira a participar o próximo sábado 21 de xuño na actividade “Inspección ao Río de Bravos”, dirixida por Paco Bañobre , biólogo de Proxecto Ríos e Adega, con quen poderemos aprender moito sobre a saúde dos nosos ríos mentres comprobamos a calidade da auga e rastrexamos a vida que habita no leito do río e que nos pode dar pistas sobre o seu nivel de saúde. A cita é ás 10.30 horas no local social de Bravos (Ourol), con previsión de finalizar sobre as 13:30h. Animamos aos participantes a traer algo para comer, para rematar a inspección do río con unha comida fraternal na ribeira do mesmo.
A Asociación Aturuxeiros convida a participar na Inspección ó Río de Bravos
A Asociación Aturuxeiros convida a participar na Inspección ó Río de Bravos
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura