A Xunta de Goberno Provincial aprobou este venres os derradeiros trámites legais e imprescindibles (os plans de seguridade e saúde no traballo) para poder iniciar o Plan de Roza na rede viaria provincial máis extensa de España con máis de 4.200 quilómetros. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, salientou que “achegamos á roza das estradas provinciais dos 67 Concellos lucenses un total de 600.000 euros. 20 autónomos e pequenas empresas da provincia serán os encargados de executar estas actuacións, contribuíndo deste xeito ó mantemento do emprego en Lugo”.
Coa contratación destes profesionais, a institución luguesa despregará un novo dispositivo na rede viaria de máis de 70 operarios e 50 máquinas. Actualmente, outros 30 operarios e 25 máquinas, neste caso do Parque Móbil da Deputación, executan o pionerio plan de mellora da rede viaria provincial, acondicionando con rego asfáltico todos os puntos que así o requiren. Ademais, outros 104 operarios e 64 máquinas, do Plan de Conservación, actúan durante todo o ano as vías da institución. Deste xeito, serán un total de 204 operarios e 139 máquinas os que atenden os viales.
Dobre gasto
O organismo provincial arrancará o Plan de Roza a vindeira semana. “Como nas anteriores edicións, poñémolo en marcha agora, durante a época estival, posto que realizalo con anterioridade suporía un dobre gasto. Hai que ter en conta que, debido ás condicións meteorolóxicas que se rexistran durante esta tempada (a humidade, a temperatura…), levalo a cabo antes, obrigaríanos a ter que rozar polo menos dúas veces, duplicando os custes. Todas as administracións temos que optimizar os nosos recursos”, remarcou Martínez. O voceiro avanzou que esta programación se iniciará nos Concellos da Costa lucense, posto que son as estradas provinciais que máis incrementen o seu número de usuarios coa chegada de centos de visitantes ós areais. Progresivamente, levarase ós restantes municipios da provincia, actuando nos 67 e nos máis de 4.200 quilómetros de viales.
Centro de Recría
A sesión aprobou a contratación e instalación do sistema que permitirá transportar os 32.000 metros cúbicos de residuos que ó ano se xeren no Centro de Recría á planta de biogás de ditas instalacións públicas para convertelos en enerxía, proporcionando ata 300 kilovatios de potencia eléctrica e facendo que o centro sexa autosuficiente. A institución inviste nestes traballos 100.000 euros, que proceden da partida de 6 millóns de euros que, en solitario, achega a Deputación ás derradeiras obras do que é o 1º centro público en España de recría de gando vacún, que constrúe en Castro de Rei.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



