Lugo, 23 de xuño de 2014.- A Deputación de Lugo organiza unha serie de xornadas abertas e gratuítas dedicadas á agricultura ecolóxica, que arrincan no Concello de Mondoñedo coas que se celebrarán hoxe e o vindeiro día 28 de xuño, respectivamente. Os seminarios, que contarán con reputados expertos no ámbito, tratarán acerca da comercialización de produtos ecolóxicos, así como da produción dos cultivos necesarios para a elaboración artesá e comercialización de determinados produtos, como a cervexa.
O seminario que se celebra hoxe a partires das 16:00 horas e ata as 20:00 horas, versará acerca das posibilidades de mercado e comercialización de produtos ecolóxicos, e está dirixido a profesionais do sector ecolóxico e convencional, técnicos ou titulados universitarios relacionados co sector, así como público en xeral interesado no tema. Este seminario contará coas poñencias de Carlos Brea, perito agrícola e especialista en en agricultura ecolóxica; Ernesto Sánchez Salgado, Director Técnico de Craega; e rematará cunha mesa redonda na que se abordará a comercialización de produtos ecolóxicos a nivel autonómico, nacional e mundial.
O seminario que se celebrará o día 28 de xuño, entre as 10:00 e as 14:00 horas, estará centrado na produción dos cultivos necesarios para a elaboración de cervexa artesá e a súa comercialización. Nesta ocasión, os encargados das poñencias serán Carlos Brea, perito agrícola e especialista en agricultura ecolóxica; Benigno Ruíz, profesor no departamento de Produción Vexetal, da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, na Universidade de Santiago de Compostela; Bernardo Prieto, profesor no Departamento de Hixiene e Tecnoloxía dos Alimentos, na Facultade de Veterinaria da Universidade de León. Tamén haberá unha mesa redonda formada polos anteriores poñentes e comerciantes de cervexas artesás, e que expoñerán as súas estratexias para a venda de cervexa, así como as necesidades do mercado. Nesta mesa van ter especial relevancia os asistentes, xa que poderán realizar as preguntas que desexen.
A agricultura ecolóxica vive un momento de auxe na nosa Comunidade, xa que a superficie inscrita no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia aumentou un 2,81%, sendo maior no caso da provincia de Lugo, cun crecemento do 8,22% o pasado ano. Ademais, Galicia rexistra 523 produtores e 133 elaboradores, o que supón un crecemento do 8,07% respecto ó ano 2012.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



