Lugo, 19 de xuño de 2014.- A Deputación de Lugo saldou unha débeda histórica máis da provincia ó recuperar a colección de ourivaría de Álvaro Gil para o Museo Provincial, “conseguindo que pase a ser para sempre patrimonio de todos os lucenses”. Así o destacou o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, que ofreceu este xoves en San Marcos unha rolda de prensa acompañado do delegado da área de Cultura, Mario Outeiro, e o secretario do organismo lugués, José Mourelle Cillero, para informar dos detalles do acordo acadado cos herdeiros de Álvaro Gil.
Segundo explicou Besteiro, hoxe mesmo presentou á Xunta de Voceiros o acordo, que será sometido a votación no Pleno do vindeiro martes. A Xunta de Goberno dará luz verde a vindeira semana ás prescricións técnicas e de cláusulas administrativas que rexerán o contrato de compra venda que asinarán a Deputación e os herdeiros do mecenas. O Presidente adiantou que as 40 pezas de ourivaría estarán de novo expostas no Museo Provincial entre finais de agosto e principios de setembro.
“Desbloqueamos a transferencia dos hospitais, pagamos a 16 Concellos 11 millóns de euros do canon hidroeléctrico, puxemos en marcha os parques de bombeiros, construímos a sede da UNED de Lugo e recuperamos o Pazo de Tor. Agora resolvemos esta última débeda que deixou o Partido Popular” cun acordo, que “supón a volta á casa do legado de Álvaro Gil”, subliñou Gómez Besteiro, engadindo que este é “un éxito de todo o equipo de goberno, das dúas forzas políticas que o conforman, PSOE e BNG, que actuamos con prudencia, seriedade e responsabilidade”. Neste senso, agradeceu o traballo desenvolvido “polo equipo da Secretaría e de todos os funcionarios da Deputación” para resolver unha situación para a que a institución luguesa fixo “unha oferta seria, rigorosa, pública e única”.
Máis beneficioso para a Deputación e os lucenses
A Deputación comprará por 2.346.200 euros as 40 pezas de ourivaría do legado de Álvaro Gil, ó que se suman 600.000 euros de costas xudiciais, co que o importe total é de 2.964.000 euros. O Presidente explicou que o acordo asinado “é máis beneficioso para os intereses xerais da Deputación e de todos os lucenses” que o plantexado anteriormente por dúas cuestións fundamentais:
– Por un lado, os herdeiros renuncian, dende o momento da firma do contrato de compra venda, a reclamar danos e prexuízos a través de calquera acción, administrativa ou civil, ademais de desistir da que xa teñen iniciada en maio deste ano ante a Deputación e que ascende a 2,7 millóns de euros.
– Por outra banda, o organismo provincial efectuará o pago en cinco anualidades (de 2014 a 2018), adquirindo a propiedade por lotes, pero a familia comprométese a entregarlle todas as pezas en depósito tras a sinatura do contrato.
O Presidente desvelou así mesmo que o acordo cos herdeiros de Álvaro Gil estaba listo para presentalo no anterior Pleno provincial, pero foi unha decisión política aprazar o anuncio ata despois das europeas “para non interferir na campaña electoral, unha característica deste goberno e das dúas forzas que o compoñen da que outros deberían aprender”.
En cinco anualidades
Pola súa banda, Mario Outeiro agradeceu o apoio prestado pola Presidencia da Deputación e o equipo de Secretaría e Intervención para alcanzar o acordo cos herdeiros de Álvaro Gil. Incidiu así mesmo na “total discreción e transparencia de cara á oposición e á sociedade coa que se desenvolveron as negociacións”, que desembocaron nun “acordo de goberno para a recuperación dun destacado tesouro do patrimonio material galego”.
Outeiro indicou que a Deputación efectuará o pago en 5 anualidades, entre este 2014 e o 2018, coa seguinte distribución: ano 2014, 6.000 euros por 5 pezas; ano 2015, 568.500 euros por 10 pezas; ano 2016, 568.600 euros por 6 obras; ano 2017, 583.000 euros por 15 pezas; e ano 2018, 584.100 euros, por 4 pezas.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



