Santiago, 13 de xuño de 2014.- Galicia tivo no 2013 unha prevalencia da tuberculose bovina do 0,12% sendo a segunda máis baixa da Península Ibérica, tras Cataluña. Explicouno este venres na Comisión 7ª do Parlamento a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, durante unha comparecencia sobre este tema realizada a petición propia, na que tamén sinalou que na comunidade galega a tuberculose bovina foi diminuíndo progresivamente e de xeito constante e continuo.
Patricia Ulloa subliñou que estas baixas prevalencias aportan gran prestixio sanitario á cabana gandeira galega e sitúan ao sector nunha posición máis favorable respecto doutras comunidades autónomas.
Segundo explicou a directora xeral, a prevalencia media de España é do 1.39%, chegando algunhas comunidades autónomas a acadar prevalencias de ata o 5.94%. Dixo ademais que no conxunto de España a tendencia tamén reflectiu unha diminución continuada nos últimos vinte anos, dende o 11,14% en 1986 ata o 1,39% na actualidade.
Probas de diagnose e erradicación
A directora xeral explicou que unha vez que entra a tuberculose bovina é moi difícil de erradicar e engadiu que dende 1990 Galicia apostou pola súa erradicación, destinando importantes recursos a tal fin.
A directora xeral sinalou ademais que nos dous últimos anos detectouse un incremento de explotacións con animais reaccionantes á proba oficial de diagnóstico, denominada intradermotuberculinización, o cal é un feito normal dada a complexidade do diagnóstico desta enfermidade.
É polo que existen protocolos nos que cada unha das explotacións afectadas é sometida a un estudo epidemiolóxico individualizado, co obxecto de determinar os casos nos que é necesario proceder ao sacrificio dos animais, discernindo aqueles outros nos que se considera preciso realizar outras probas complementarias. Nun número importante de explotacións non se procede inicialmente ao sacrificio dos animais reaccionantes, en espera de novas probas.
Ademais, mantendo a rigorosidade nas actuacións, tomáronse algunhas medidas adicionais destinadas a axilizar todos os prazos e facilitar na medida do posible o funcionamento das explotacións afectadas, sinalou a directora xeral. Algunhas das medidas son a axilización das diagnoses e no pagamento de indemnizacións, a realización de cursos de especialización para veterinarios de campo e a mellora da investigación aplicada.
Sector vitivinícola
En relación ás axudas destinadas ao sector vitivinícola galego, a directora xeral de Produción Agropecuaria lembrou que dende a Xunta sempre houbo apoio ao sector vitivinícola e que o goberno galego convocou en abril as axudas á reestruturación e reconversión de viñedo para a campaña 2014/2015 por un importe de 5,5 millóns de euros. Estas axudas están enmarcadas no novo programa de apoio ao sector vitivinícola español e a nivel estatal este ano destínanse a elas 128 millóns de euros. Sinalou ademais que a Xunta seguirá convocando estas axudas durante as seguintes campañas.
Pastoreo en zonas queimadas
Por outra banda, o secretario xeral de Medio Rural e Montes lembrou, en resposta a unha pregunta, que a prohibición de realizar pastoreo en terreos afectados polos incendios durante dous anos procede da lei de prevención e defensa contra os incendios forestais do 2007, aínda que a propia lei contempla casos excepcionais. Ademais o secretario xeral lembrou que as axudas existentes para pastoreo levan aparellados uns compromisos de xestión do territorio e de eliminación do mato que deben cumprirse.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



