Burela, 17 de xuño de 2014. A Escola Municipal de Música de Burela e a Concellería de Cultura e Educación organizan un taller musical para nenos e nenas a partir de catro anos.
Segundo explica a concelleira Mónica Pedre “trátase dun taller totalmente gratuíto, e cun carácter lúdico. Os rapaces achegaranse á música a través de xogos, ritmos, karaoke, construción de instrumentos… dos que eles poidan expresar as súas habilidades ao tempo que desenvolven as súas facetas afectivas e motrices”.
O taller desenvolverase os días 30 de xuño e 1, 2, 3 e 4 de xullo en horario de 11 a 12 da mañá para a quenda de nenos de catro a seis anos, e de 12:30 a 13:30 horas para os rapaces de sete anos en diante.
Os interesados en participar deben facerse co impreso para anotarse no taller musical, que despois poderán entregar debidamente cuberto na biblioteca municipal de 8 a 14 horas. Para obter máis información poden dirixirse aos seguintes números de teléfono: 677 838 812 ou 607 423 721.
Matrícula para o curso 2014/2015
Desde a Escola Municipal de Música sinalan que está aberto ata o 30 de xuño o prazo para reservar praza no vindeiro curso 2014/2015. Dito período está dirixido aos alumnos da Escola do curso pasado.
E entre o 1 e o 15 de xullo poderán reservas praza todos aqueles novos usuarios que desexen recibir formación musical. Dita formación está orientada desde os 4 anos en diante.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



