A Deputación de Lugo volve ser pioneira abrindo a xestión da institución á cidadanía organizando o 1º Seminario sobre o Goberno Aberto da provincia de Lugo, que se arrinca este mércores no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. O seminario contará coa presenza de expertos en xestión pública, goberno aberto e novas tecnoloxías, que abordarán temas como os avances das tecnoloxías na xestión do goberno ou a implementación de políticas orientadas á participación da cidadanía no goberno, que aumenten a calidade democrática e a transparencia das administracións.
A Deputación leva tempo traballando nesta dirección sendo, de feito, a primeira Deputación española que conta cuns presupostos participativos, ademais de ter posto en marcha outras iniciativas coma un portal dixital de información entre Concellos e Deputación, ou a separación dos políticos das mesas de contratación, entre outras.
O 1º Seminario sobre o Goberno Aberto da provincia de Lugo permitirá abrir un amplo debate sobre temas como as políticas orientadas ó goberno aberto e seu grao de desenvolvemento na provincia de Lugo; as posibilidades que ofrecen as TIC para o deseño e posta en marcha de políticas públicas, ou o papel dos cidadáns na planificación e execución dos servizos públicos, para que coñezan cales os servizos que prestan as administracións, que proxectos desenvolven e onde se invisten os seus cartos. Estas xornadas crearán un espazo para o achegamento e o debate entre responsables políticos, cidadáns e empregados públicos, acerca do fenómeno da difusión das tecnoloxías da información e a comunicación dos gobernos e a cidadanía, atendendo especialmente ó ámbito local.
Programación das xornadas
A programación dará comezo este mércores, 18 de xuño, ás 09.30 horas, coa recepción e acreditación dos participantes. Ata o vindeiro 20 de xuño, o Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá ata 13 conferencias e 3 mesas redondas na que participarán ata 15 expertos procedentes de Universidades españolas coma a Pompeu Fabra; a de Santiago de Compostela; a Universitat Oberta de Catalunya; a do País Vasco; a de Deusto ou a de Barcelona, así como das Universidade de Cardiff e Bath (Reino Unido).
Recoñecidas figuras, especialistas en xestión pública, como Carles Ramió Matas; Adela Mesa del Olmo; Agustía Cerrillo i Martínez; Roser Beneito-Montagut ou Andrés Cernadas Ramos abordarán aspectos como a participación cidadá como ferramenta fundamental dos gobernos intelixentes; as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para a mellora da xestión dos servizos públicos ou as smart cities, as cidades intelixentes e socialmente innovadoras.
O prazo de inscrición aínda está aberto na web www.deputacionlugo.org, na que os interesados poderán atopar toda información sobre seminario. Esta actividade está aberta a todos os públicos e a asistencia é gratuíta, malia que o aforo é limitado, polo que as solicitudes se formalizarán por rigorosa orde de inscrición. Os asistentes recibirán, posteriormente, un diploma acreditativo de aproveitamento das xornadas.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



