O Valadouro, 17 de xuño de 2014.- Os populares do Valadouro repartirán un boletín informativo no que, a modo de balance do último ano de goberno, denuncian a mala xestión e os incumprimentos do tripartito municipal e sinalan que o Partido Popular segue a ser a opción que acada un maior apoio entre os veciños deste municipio, consolidando a súa sólida posición como alternativa de goberno.
Cando se ten cumprido un ano desde a moción de censura asinada por socialistas, nacionalistas e Udival, os populares do Valadouro queren facerse eco da sensación de retroceso e tempo perdido que, dun xeito crecente, están a trasladarlles os veciños do municipio á hora de xulgar a xestión levada a cabo polos actuais responsables do Concello.
O boletín consta de dúas partes, unha primeira na que dan conta da acción de control do Goberno local e unha segunda na que explican as medidas e actuacións desenvolvidas polo PP coa finalidade de dinamizar o municipio e responder ás inquedanzas e preocupacións dos veciños. Aseguran tamén que converter o boletín nunha publicación periódica e animan a todo aquel que queira colaborar ou achegar a súas suxestións a que o faga directamente aos concelleiros populares ou remitindo un correo ao enderezo popularesdovaladouro@gmail.com
XESTIONAN MAL O DIÑEIRO DOS VECIÑOS
No ámbito do balance da acción do Goberno os populares denuncian que o tripartito goberna para os intereses particulares e partidistas dos seus concelleiros en vez de facelo para o conxunto dos veciños. Así o demostran, por exemplo, cando xestionan mal o diñeiro público e, nese senso, lembran situacións xa denunciadas como as acontecidas durante a festa da troita –na que o Concello acabou perdendo diñeiro pese a cobrar as racións–, ou co baile de fin de ano –no o Concello gastou máis de 3.500 euros achegando tan só 300 ao fin benéfico co que se organizou–.
Pola contra os populares denuncian que o tripartito si tomou outras decisións no seu beneficio particular como cando o alcalde percibiu irregularmente unha dieta por trasladarse a unha mesa de contratación en Ourol ou a tenente alcalde do municipio instalou unha terraza na súa cafetería sen contar con licenza e incumprir os requisitos establecidos na ordenanza municipal, que si esixen ao resto dos veciños e comerciantes.
Os populares tamén fan un repaso dos compromisos que PSOE, BNG e Udival adquiriron cos veciños do concello e que non cumpriron nun 99% dos casos e atribúen este desinterese e falta de iniciativa na xestión dos asuntos municipais ás continuas friccións, desconfianzas e liortas internas que protagonzan estes partidos e, moi en particular, os que veñen de protagonizar os socialistas coa tenente de alcalde de Udival
O PP UNHA ALTERNATIVA EN POSITIVO
No ámbito da alternativa en positivo que representa o Partido Popular do Valadouro, os populares sinalan as actuacións que se están a acometer
no Concello son a continuidade das xestións iniciadas polos populares como foron os investimentos da Xunta por máis de 190.000 euros para as obras de Saneamento de Pe de Areosa, Teixoeira e O Campón en Moucide, -60.000 euros para a cuberta do Colexio Santa María, 118.000 euros para contribuír no financiamento dos servizos sociais ou o obradoiro de emprego en conxunto con Alfoz, que supuxo un investimento de 520.000 euros e permitiu a formación de 24 persoas.
Xestións en positivo que son valoradas pola veciñanza e de aí que O PP continúe a ser a opción que acada un maior apoio nas urnas, tras gañar tamén as eleccións europeas como xa aconteceu nas municipais. Ata tal punto é asi que, extrapolando os resultados e tan só un ano despois da moción de censura, hoxe sería inviable o pacto acadado entre socialistas, nacionalistas e Udival xa que os populares obterían maioría absoluta.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



