Ribadeo, 25 de xuño de 2014.- A gastronomía terá un papel moi importante na festa Ribadeo indiano, que se celebrará os días 11 e 12 de xullo na localidade. Segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo “unha agrupación de hostaleiros, convocados por Acisa e polo Concello, ofertarán degustacións de tapas e racións a prezos asequibles”. Os prezos das tapas oscilarán entre 1 e 2,50 euros e as racións situaranse entre os 4 e os 10 euros. Desde Turismo engaden que “os locais de restauración poderán realizar tamén menús degustación ao prezo que cada un decida”.
“Todos os locais que se integren no evento escollerán a temática propia dun país sudamericano e despois definirán as tapas e racións que ofrecerán relativas á gastronomía de dito país”, sinalan desde a organización da festa Ribadeo Indiano. E engaden que “será importante que a decoración dos locais estea adaptada á festa co obxectivo de transportar á vila durante eses días á realidade de cada país. As fachadas, os interiores e as terrazas deberán ser engalanadas con materiais propios da época indiana: palma, bambú, plantas tropicais, faroliños, banderolas… Nas terrazas serviranse cócteles tamén desa época coma mojitos, caipiriñas, etc”.
A organización do Ribadeo indiano recomenda que “os hostaleiros se caractericen de temática indiana, quedando á súa libre disposición calquera outro tipo de actividade a realizar no seu local. Todos os establecementos que participen quedarán incluídos dentro das actividades xerais do evento e recibirán unha distinción especial durante a festa”. Os interesados en participar poden comunicar a súa decisión e o país elixido ata o vindeiro luns, 30 de xuño, no seguinte número de teléfono: 982 120 565 e na seguinte dirección de correo electrónico: ribadeocca@gmail.com





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



