Lugo, 18 de xuño de 2014.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, comunicou hoxe que a Xunta facilita a contratación inminente de 68 socorristas para vixilancia e salvamento nas praias da Mariña de cara ao inicio da campaña de verán.
A Consellería de Traballo e Benestar ven de comunicar a todos os concellos que o solicitaron que xa poden proceder á contratación porque se autorizou a contratación anticipada por importe de 202.858 euros. Así, poden iniciar os trámites para a dotación de persoal os municipios de Barreiros, Burela, Cervo, Foz, O Vicedo e Xove.
Raquel Arias subliñou que na comarca da Mariña pediron a contratación anticipada todos os concellos do litoral salvo o de Viveiro, que non só non pide anticipo senón que nin sequera presentou solicitude de axuda para a contratación de socorristas, se ben o prazo para facelo aínda remata o 30 de xuño. Non obstante, non podería optar á contratación anticipada, posto que aínda non xustificou polo de agora a axuda recibida o pasado ano.
Igualmente, explicou, non é posible conceder a contratación anticipada ao concello de Ribadeo, pese a que si o solicitou, porque “tampouco xustificou a subvención do pasado ano para o mesmo fin, condición indispensable segundo establecen as bases da convocatoria dos plans de cooperación”.
A este respecto, a delegada lembroulles a ambos concellos que deben presentar a documentación xustificativa dos gastos do pasado ano; “xustificar o investimento subvencionado é un requisito que todo beneficiario de axudas públicas, sexa unha institución ou un particular, debe cumprir por lei”, apuntou.
As axudas da Xunta de Galicia permiten aos municipios da costa contar con persoal suficiente para a vixilancia das praias durante os meses de tempada alta, pero tamén benefician a municipios do interior que contratan persoal de salvamento nas piscinas, neste caso un total de 14 socorristas.
Así, en total a Xunta facilita a contratación nos vindeiros días de 82 socorristas, cun investimento global de 242.746 euros.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



