Lugo, 10 de xuño de 2014. A Xunta de Galicia incrementa en case un 19% as axudas ás asociacións de comerciantes da comarca da Mariña para accións de dinamización do comercio local, tanto nos centros comerciais abertos como nas prazas de abastos.
A delegada territorial, Raquel Arias, destacou este dato durante a rolda de prensa na que explicou o programa de axudas co que a Consellería de Economía e Industria fomenta o asociacionismo no comercio co obxectivo último de “contribuír á construción dun sector comercial máis competitivo e dinámico”.
A consellería resolveu a distribución de axudas por importe de preto de 90.000 euros (89.810 euros) para a revitalización e dinamización dos centros comerciais abertos de Viveiro, e Ribadeo, así como para á asociación de comerciantes da praza de abastos do municipio ribadense.
Esta liña de axudas servirá para “impulsar accións de dinamización da demanda” no comercio local, que é “o que máis preto está dos veciños, colabora na sostibilidade e no pulso das vilas, e ao que, polo tanto, aféctalle o que nelas ocorra”, segundo explicou a delegada, que estivo acompañada na presentación polo xefe territorial de Economía e Industria, José Manuel Vázquez Leirado.
A metade das actuacións, na Mariña
Deste xeito, grazas a estas axudas, os centros comerciais abertos e prazas de abastos beneficiadas desenvolverán nesta zona 31 actuacións relacionadas coa dinamización comercial, sistemas de fidelización de clientes, sinalización comercial externa, unidades xerenciais e instalacións e equipamentos (nas prazas de abastos). Esta cifra supón que prácticamente a metade das actuacións que se levarán a cabo no conxunto da provincia (un total de 64) terán lugar na Mariña.
Arias fixo mención especial ás prazas de abastos por ser “referentes na venda de produtos frescos e de calidade”. Neste eido, as axudas inciden na mellora de dotacións, apostando “polos mercados que levan a cabo unha venda moderna, con servizos, diversidade e excelencia, buscando conservar a tradición da compra ao tempo que se da resposta ás novas demandas dos consumidores”.
A delegada aplaudiu o labor que desenvolven tanto os centros comerciais abertos como as asociacións de comerciantes das prazas de abastos, “constantemente preocupados por subir o listón, por mellorar a calidade, atención e o servizo que prestan aos consumidores” e animou aos responsables de comercios retallistas doutras vilas lucenses a seguir o camiño que manteñen estas asociacións.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



