A ACD Penalba-Colectivo Chilindrín de Celeiro convocou por cuarto ano consecutivo un CONCURSO para a realización do cartel que publicitará a XVII EDICIÓN DA FESTA DA MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO; e por segundo ano consecutivo un concurso infantil sobre o mesmo tema.
Este martes 3 de maio de 2014 ás 20.00 horas reunirase o xurado no local sito no Almacén Nº 20 do Muelle Sur de Celeiro, Clube de Remo, para a elección do cartel gañador.
O Xurado está composto por:
• Bernardo Fraga Galdo. Presidente da ACD Penalba de Celeiro.
• Covadonga Viamonte Aguiar. Concelleira de Cultura do Concello de Viveiro.
• Domingo Seijas Rey. Representante da Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro.
• Eduardo Míguez . Representante de Puerto de Celeiro SA.
• Vicente Míguez. Profesor no CEIP A. Pedrosa Latas de Celeiro.
• Actúa como Secretario, con voz e sen voto, o Secretario da ACD Penalba de Celeiro que levantará acta do acordado, Jesús Fernández Fernández.