Alumnas e alumnos do CEIP de San Cosme de Barreiros foron este mércores de excursión a Sobrado dos Monxes (A Coruña) para visitar a Granxa Escola “Casa do Queixo”. Alí desfrutaron de varias actividades, entre elas o Muiño Encantado, un obradoiro con animais, proceso de elaboración do queixo e proceso da lá. O CEIP de Barreiros tamén celebrará este venres 20 a fin de curso, con moitos xogos e diversión e actividades especiais.
