Santiago, 20 de xuño de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, fixo este venres un chamamento para dar a coñecer e consultar a nova guía sobre prevención de danos músculo-esqueléticos para as traballadoras do mar, editada pola Xunta de Galicia en colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).
O voceiro popular explicou que esta é unha ferramenta moi útil para evitar trastornos de saúde provocados por sobreesforzos, posturas forzadas, repetición de movementos ou manipulación de cargas, que supoñen o risco máis frecuente para mariscadoras e redeiras, así como para outros colectivos do ámbito pesqueiro.
A nova guía que, a partir de hoxe mesmo, está dispoñible na páxina web do ISSGA, contará tamén para a súa difusión coa colaboración da Asociación Mar Seguro Galicia e as Confrarías galegas. Neste sentido, este documento “configúrase como un instrumento escrito e audiovisual (libro e DVD) que apoia e facilita a formación e a prevención neste tipo de situacións”.
OS ACCIDENTES E A DOR EVITABLES
Balseiro quixo deixar claro que “os accidentes e a dor son evitables e non temos porque convivir con eles” e nese senso indicou que a guía parte como premisa fundamental do feito de que a inmensa maioría das enfermidades profesionais son evitables mediante técnicas de prevención. De feito este documento incorpora unha serie de recomendacións e pequenos e fáciles consellos que, aplicados no día a día, van a permitir un aumento do benestar das traballadoras no exercicio da súa actividade.
Todas estas actuacións enmárcanse no Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011-2014 que foi un dos primeiros acordos alcanzados no Diálogo Social, un plan que fai especial referencia ao sector pesqueiro e, en concreto, a aquelas actividades onde a presenza da muller é maior, como as mariscadoras e as redeiras, aínda que, por suposto, os consellos son válidos tamén para os homes.
4.000 PROFESIONAIS DO MARISQUEO A PÉ
Actualmente hai 4.000 persoas con permiso de marisqueo a pé en Galicia, o 85% mulleres. A este colectivo hai que engadir ás profesionais que traballan na confección e reparación de redes e artes de pesca.
O ISSGA conta con diversas iniciativas de apoio a este colectivo como son a análise de riscos e recoñecementos médicos que se fixo a mais de 1.000 mariscadoras e redeiras; a elaboración dun estudo epidemiolóxico no marisqueo a pé para detectar as causas das enfermidades relacionadas co traballo no sector; ou a presentación, en 2012, da guía de boas prácticas no marisqueo a pé con pautas básicas para o seu traballo diario.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



