A oitava edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela Pescados Rubén foi presentada este venres 13 de xuño no Salón de plenos do Concello de Burela. Na posta en escena do evento estiveron presentes; o tenente alcalde do Concello de Burela, Manuel Fernández Valle; a concelleira de deportes do Concello de Burela, Beatriz López Piñeiro; o presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco Fanego; o director técnico do Campus, Christian Gómez Fustes; Antonio Couto Díez, en representación de Living Sport e Joma; Luís Antonio Guillén, concelleiro de deportes do concello de Cervo e Pablo Villapol, delegado do Xornal Oficial do Campus, A Mariña – El Progreso.
O Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS Pescados Rubén reunirá a técnicos e xogadores de primeiro nivel na vila mariñá durante os días xoves 10, venres 11, sábado 12 e domingo 13 de xullo. A apertura para inscribirse comeza o luns 16 de xuño e a data límite será o martes 8 de xullo. A actividade que organiza o CD Burela FS Pescados Rubén terá un número limitado de 60 prazas e está destinado a nenos e nenas que desexen aprender os segredos deste deporte, baixo o control de monitores/as e auténticos profesionais do fútbol sala.
DATAS
O xoves 10 de xullo ás 16:00 horas da tarde será a hora de chegada ao IES Monte Castelo de Burela. E o domingo 13, a data da súa finalización.
IDADES. De 6 a 16 anos
PRAZAS Limitadas a un total de 60 alumnos/as (internos e en réxime externo)
CONTACTO. No teléfono 982 581 815, de 10 a 14 horas e de 16:00 a 19.00 horas en dias laborais, por mail; burelafs@burelafs.org o na seguinte dirección:
CD Burela FS
Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91. Baixo
27880 Burela (Lugo)
www.burelafs.org
Para a correcta inscrición do neno ou nena será necesario cumprimentar, e facer chegar ás oficinas do club, o formulario de inscrición dispoñible no enlace: http://burelafs.org/documentos/noticias/formulario_inscricion14_campusbfs.pdf.
Logo de completar a información anterior, esixirase un ingreso no número de conta que aparece no formulario de inscrición (ou no seu defecto, o pago en efectivo nas oficinas do CD Burela FS) para que a reserva sexa efectiva.
IMPORTANTE: De optar polo ingreso ou transferencia bancaria, é necesario especificar o nome do neno ou nena no ingreso ou transferencia.
Para rematar, enviarase o formulario de inscrición, acompañado da AUTORIZACIÓN PATERNA/MATERNA (dispoñible no enlace: http://burelafs.org/documentos/noticias/autorizacion_paternamaterna_campus14bfs.pdf) e a FOTOCOPIA da TARXETA SANITARIA do neno/a ao número de fax: 982 575 147.