O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, viaxou ata Silleda para acudir á 37 edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia. No stand do Concello burelés houbo este mediodía unha degustación de bonito a cargo de Conservas Curricán e á que acudiron o presidente da feira, Ricardo Durán, o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro e o rexedor, que explicou que “tamén se fixo promoción da 30 edición da feira do bonito que se celebra en Burela o primeiro sábado do mes de agosto. No noso stand ofrécese información sobre Burela, sobre o barco museo, sobre as nosas praias, sobre a festa do bonito…”. González Barcia engadiu que “a Semana Verde de Galicia é moi importante para a promoción turística na zona centro da nosa comunidade. Xa estivemos alí outra vez hai moitos anos, e por iso decidimos volver agora. Queremos agradecerlle á Fundación Semana Verde que estiveran con nós este mediodía na promoción dun dos nosos produtos estrela, que é o príncipe azul”.
