Modesto Díaz García.- Levo case 20 anos adicado a política municipal en Mondoñedo, unhas veces tóucome na oposición e outros no equipo de Goberno, e agora toca despedirme desta etapa. Por iso quero aproveitar este espazo para dar as gracias a tódalas persoas que me atopei neste longo camiño e que me axudaron a sacar adiante a miña labor no Concello.
En primeiro lugar quero dar as mais sinceras e infinitas gracias aos traballadores do Concello de Mondoñedo, comigo traballou un equipo de xente comprometida, traballadora e leal, e gracias a eles tiven a oportunidade de impulsar actividades como o Mercado Medieval ou as Festas das San Lucas que foron un autentico éxito, todos eles merecen a miña admiración e o meu respecto, gracias de corazón.
Quero agradecer tamén o apoio que recibín do equipo de Goberno do Concello, os meus compañeiros do BNG e a Magdalena Domenech, todos eles foron auténticos compañeiros de viaxe, foi un honor poder compartir proxectos conxuntos e ideas. Gracias tamén por facer mais levadeiro esta viaxe.
Tamén quero facer un recoñecemento a tódalas asociacións e organizacións coas que tiven o privilexio de traballar; comerciantes, veciños, comisión de festas, todos eles co seu traballo desinteresado, axudan a impulsar o futuro de Mondoñedo. A min tamén me tocou traballar con eles, por eso quero darvos as gracias polo voso apoio.
E por último quere agradecer ao PsdeG-PSOE o seu apoio nestes últimos anos, sei que a veces fun critico e sígoo sendo, pero eso non me impide ver que o socialismo será sempre o camiño para poder vivir nun mundo mais solidario e mais xusto. Non quero que esto sexa unha despedida, simplemente é un ata logo, e vou a seguir estando aquí, en Mondoñedo e cos mindonienses. O único que pretendín neste anos foi loitar por Mondoñedo, e nunca cesarei nese empeño. Gracias infinitas a todos por todo.
MODESTO DÍAZ GARCÍA


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



