Cervo, 5 de xuño de 2014- O Concurso fotográfico de Medio Ambiente “Cervo respecta” bateu, nesta cuarta edición, todos os récords de participación, cun total de 82 fotografías presentadas de 28 autores. Cabe lembrar que cada persoa podía concorrer con ata tres imaxes. Deses 28 participantes, 24 foron adultos, a maioría galegos, aínda que tamén chegaron imaxes de Madrid, Murcia e Asturias. En canto ás fotografías, tal e como establecían as bases, todas foron tomadas en paraxes e lugares de Galicia.
O Concello fai públicos estes datos coincidindo coa entrega de premios aos gañadores do concurso, que tivo lugar esta tarde no Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo, anexo á Casa do Concello. Unha entrega que sempre se celebra o 5 de xuño ao conmemorarse o Día Mundial do Medio Ambiente.
En canto aos gañadores, na categoría de adultos, o primeiro premio foi para Antonio Herrera Huerta, de Fuenlabrada (Madrid), galardoado por “Os acantilados de papel”, unha imaxe tomada no Cabo de Morás, en Xove. O viveirense Germán Paleo Navarro conseguiu o segundo premio coa súa “Cicloxénese”, instantánea sacada na costa ribadense de Rinlo, mentres o Top Cervo foi para o focense Alexis Chao Uria, cunha foto da praia de Cubelas.
Na categoría xuvenil, a foto “O río da vida”, tomada no río Miño ao seu paso por Lugo pola burelá Daria Bakteeva, de 15 anos, conseguiu o primeiro premio; o segundo recaeu en Uxía Treitas Barrio, de 18 anos, e a súa “Viaxeira dos crétalos”; e o Top Cervo foi para Daría Bakteeva pola súa imaxe “Vento mareiro” na que aparece a praia de Cubelas.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, estiveron presentes neste acto de entrega no que Alonso destacou “el alcance que está teniendo el concurso, con participantes que envían sus fotos desde diferentes puntos de España”. Da mesma maneira a edil considera que o certame “se va consolidando y cada año va aumentando el número de personas que participan. Muestra de ello es el récord de fotos que recibimos en esta edición”.
Ademais, Alonso resaltou a calidade dos traballos presentados, tal e como reflicten as puntuacións outorgadas polos membros do xurado, que deixaron unha clasificación moi axustada entre os gañadores dos primeiros premios. Da mesma maneira, chama a atención o número de fotos tomadas en Cervo, un total de 32, o que demostra que “en nuestro municipio contamos con parajes naturales dignos de ser fotografiados y, por supuesto, de ser cuidados y protegidos”. Un obxectivo, o da concienciación medioambiental, que é o que motiva a organización deste concurso.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



