Vegadeo, 5 de xuño de 2014. A alcaldesa de Vegadeo, Begoña Calleja, e o conselleiro de Industria do Principado de Asturias, Graciano Torre, presidiron este xoves o acto de inauguración da quincuaxésimo primeira edición da Silvallana, a feira de mostras de Vegadeo. Acompañáronlles rexedores doutros concellos do Occidente astur e Elmer Ferreira, representante da delegación de Portugal, que por primeira vez acode ao certame, que desta forma adquire un carácter internacional.
Na quenda de discursos Begoña Calleja sinalou que “la feria no es solo de Vegadeo, sino que es un poco de todos. Este año, una vez pasado el medio siglo, mantiene su esencia, la de siempre, esa Silvallana que no pierde lo que es, pero con innovaciones, abriéndose de manera internacional hacia Portugal, con un número mayor de stands y sobre todo procurando tener siempre cosas nuevas que la hagan ser lo que fue, no perder lo que es y seguir estando en el futuro”.
A rexedora deu as grazas “a todos los que hacen posible este evento: colaboradores, patrocinadores, trabajadores y a todos los venís año a año a celebrar con nosotros un momento muy importante del pueblo de Vegadeo, que es la inauguración de su feria de muestras, que se ha convertido ya, gracias a que el pueblo lo ha hecho posible, en una decana de las ferias de muestras en Asturias y en España. Hemos llegado hasta aquí después de medio siglo y este año lo conmemoramos con el Astur Vegadense, un club que ha sido más que un club de fútbol: ha unido a un pueblo, como decía su presidente. Ha sido un club por el que han pasado muchos, muchos veigueños durante muchas generaciones y todos tenemos referencias de amigos y vecinos que estaban presentes en ese club”.
Pola súa banda o conselleiro de Industria do Principado, Graciano Torre, mostrouse convencido “de que esta feria va a llegar a las bodas de platino, que cumplirá 75 años y seguramente muchos más. Y lo va a hacer porque es una feria tremendamente enraizada en este municipio y muy querida por las vecinas y por los vecinos de este municipio y de los de alrededores. Creo que una de las pruebas está en este edificio en el que se alberga la parte interior de la exposición, que fue algo luchado por el pueblo de Vegadeo y por el ayuntamiento, trabajado y conseguido con un gran tesón. Cuando uno tiene ese cariño a algún acontecimiento especial tiene todos los mimbres para que se perpetúe. Pero además estoy seguro de que tiene otros mimbres importantes, como es la continua presencia año tras año de multitud de stands, de expositores, en definitiva en muchos casos de fieles seguidores, casi como si fueran forofos de un equipo de fútbol. Y esta fidelidad, este permanecer en el tiempo no ha sido así en todos los lugares de Asturias”.
A feira de mostras de Vegadeo poderá visitarse ata o domingo de dez da mañá a dez da noite. Conta con 150 expositores e infinidade de actividades para todos os públicos.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



