Cervo, 6 de xuño de 2014- A Casa da Cultura de San Cibrao acolle dende este venres a exposición de cantería “Todos somos 016” de Fernando Vilariño. Unha mostra que foi inaugurada esta tarde e na que estivo presente o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso, e outros membros do goberno local así como o propio artista.
Nesta exposición, Vilariño amosa tanto esculturas realizadas en granito como gravados e relevos sobre cuarcita e nas que a temática central é a concienciación contra a violencia de xénero. Da mesma maneira, a obra deste pontevedrés (Cuntis 1977) está chea de contrastes, polo que podemos atopar dende pezas marcadas pola abstracción ata outras máis figurativas. Da mesma maneira, nesta mostra descubrimos pezas decorativas mesturadas con outras utilitarias.
Cabe destacar que Vilariño leva 19 anos traballando como canteiro de forma profesional e, de xeito paralelo, foi iniciando a súa carreira artística, sempre de forma autodidacta. Á idade de 19 anos esculpiu a súa primeira obra e, dende entón, seguiu experimentando ata o día de hoxe. Tamén é salientable que os traballos que realiza este canteiro teñen algo en común: todos son únicos e irrepetibles, xa que nunca realiza copias das súas pezas.
Durante a inauguración a edil de Cultura destacou a calidade dos traballos de Vilariño facendo fincapé na súa “versatilidade como artista, capaz de diseñar y esculpir piezas de temáticas y estilos muy diferentes sin perder sus trazos característicos”. Alonso tamén resaltou o feito de que “es imposible encontrar dos piezas iguales hechas por él”.
A mostra pódese visitar ata o 27 de xuño en horario de luns a venres de 9 a 13:30 e de 17 a 20 horas na sala de exposicións da Casa da Cultura.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



