Foz, 24 de xuño de 2014.- A Aula Universitaria de Foz quere presentar a XXV Edición dos Cursos de Verán. Este ano esta aula presenta dous cursos que se poden realizar por Videoconferencia.
Estes cursos son:
-Do 2 ó 4 de xullo (20 horas) . Obradoiro/Curso sobre actualización metodolóxica no ensino/aprendizaxe de segundas linguas con soporte tecnolóxico para unha sociedade móbil e aberta. 1 crédito ECTS, 2 créditos de libre configuración e 2 créditos MECD. http://extension.uned.es/actividad/idactividad/7487.
-Do 9 ó 11 de xullo (20 horas). A positividade emocional na escola e o deporte. 1 crédito ECTS, 2 créditos de libre configuración e 2 créditos MECD. http://extension.uned.es/actividad/idactividad/7486.
Para poder matricularse en algún destes cursos pueden facelo on-line ou ben chamando á Aula Universitaria de Foz 982.133.699, foz@lugo.uned.es. O periodo de inscrición está xa aberto, e si a realiza antes do 1 de xullo farase un desconto por matrícula anticipada.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



