O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, recibiu hoxe aos membros do colectivo Morgan Sports Car Club de España procedentes de diferentes puntos do país que están percorrendo estes días A Mariña cos seus espectaculares vehículos Morgan, que se fabrican artesanalmente no Reino Unido baixo pedido. Estiveron na basílica de San Martiño, onde fixeron unha visita guiada, e despois visitaron o porto focense.
