Santiago, 19 de xuño de 2014.- A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do lume forestal rexistrado no municipio lugués de Ribadeo, na parroquia da Devesa.
O lume iniciouse o pasado martes, 17 de xuño, ás 19:29 horas e quedou finalmente extinguido onte ás 21:00 horas da noite. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 19,5 hectáreas, das cales 16 son arboradas e o resto monte raso. Nos traballos de extinción participaron 1 técnico, 8 axentes forestais, 20 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 2 avións e 2 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.