O grupo de montaña Marqués de Casariego organiza unha fin de semana nos Picos de Europa con colaboración co Concello de Tapia de Casariego para este sábado 21 e o domingo 22 de xuño. O sábado está prevista a saída para as 07.00 horas para realizar, posteriormente, a ruta Frasinelli por Cangas de Onís. O domingo será a quenda da ruta Pto Pandetrabe – Peña Gabanceda – Prada (León). Os interesados poden informarse e inscribirse a través dos teléfonos 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Javi) e 608 540 828 (Eva) ou a través do enderezo electrónico: cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es ata o xoves 19 de xuño. O prezo da actividade -que inclúe viaxes en autobús, aloxamento do sábado con cea e almorzo do domingo- é de 62 euros, 52 para os socios e 45 para os socios colaboradores.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



