Foz, 26 de xuño de 2014.- Foz volverá á década dos anos 20 do século pasado mañá e o sábado. A primeira festa vintage está organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos.
As persoas que acudan á festa vintage irán caracterizadas con traxes desa época, dos anos 20 do século pasado. Polas rúas de Foz será posible ver coches antigos. “Gertrudis, a nosa embaixadora, ademais de aconsellarnos ao longo dos últimos días sobre as cores e as vestimentas que lucirán mulleres e homes, anima á xente a vir a Foz estes días e a disfrutar de todas as propostas que lles preparamos”, explican desde a directiva de ACIA Foz. Dúas perruquerías farán peiteados vintage. Mañá será Peluquería Varela e venres e sábado será Peluquería Ramoné.
A hostalería ofrecerá menús e pinchos vintage. O prezo do menú será de 108,300 perras gordas. Está composto dun prato, viño e postre. Os locais que participan na cita son: A Funcional, A Maseira, A Rula, Bar 78, Bar A Bolera, Bar Acuario, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Cafetería Marexada, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Xoyma, Mesón O Tangarte, Náutico Centro Social, O Muelle Bar, Pizzería Soalta, Pizzería Xoiña, Restaurante As Brasas de Foz, Restaurante Costumes do mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Carro, Restaurante O Lar e Restaurante Tangarte Mariñeiro.
Coma nos anos 20 non había IVA varios establecementos comerciantes descontaránllelo IVA aos seus clientes os dous días da festa vintage, 27 e 28 de xuño. Trátase de: Arrullos, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, Ginzo Hombre-Mujer, La Flor Abulense, María Docampo, PI R, Saint Tropez, Seguros Mapfre, Suministros Veipa e Zapatería Chinela.
O sábado a mediodía haberá sesión vermouth na praza Conde Fontao. Está patrocinada por restaurante O Lar e A Funcional. Esa xornada desenvolveranse a partires das 12 da mañá o mercado e o rastrillo benéfico e haberá música na rúa.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



