O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, clausurou este sábado o congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO14 coa entrega dos premios cos que o organismo lugués recoñece iniciativas, persoas e organizacións da provincia polo bo uso da internet, as novas tecnoloxías e as redes sociais. Entre o medio cento de candidaturas presentadas na edición deste ano, os 4 profesionais gañadores son os seguintes:
– Mi Pequeño Vestidor, na categoría de Comercio, Ocio e Restauración, polo uso das novas tecnoloxías e as redes sociais para estar en contacto permanente e ofrecer un servizo continuo ós clientes da tenda, ademais de facer máis cómodas as compras, axeitadas as demanda e as necesidades do público. A páxina de facebook (www.facebook.com/mipequenovestidor), que conta con 8.300 seguidores en soamente dous anos de vida, é unha ferramenta de promoción e venda, ó igual que a súa web www.mipequeñovestidor.es
– Karmah Yoga & Meditación (www.karmayoga.es), na categoría de Educación e Formación, porque usa as redes sociais e internet como feramenta esencial para o funcionamento do negocio. Conta con máis de 3.600 seguidores en Facebook, Twitter, Google+ e Instagram, ademais de utilizar outras redes sociais como Menéame, Red Facilísimo e Pinterest. O seu blog rexistrou 250.000 visitas en tres anos.
– Cool Films Galicia (www.coolfilmsgalicia.com), na categoría de Cultura e Social, por utilizar fundamentalmente as novas tecnoloxías para a pomoción das súas producións, cine feito en Lugo e na súa provincia con éxito de crítica e público. Ademais, veñen de dar un salto ó ámbito internacional ó proxectarse en centros galegos de todo o mundo a súa longametraxe O Crime da Legua Dereita.
– Vamos a Vidas (www.vamosavidas.com), na categoría de Tecnoloxía, un proxecto pioneiro e, ata fai un par de meses, único, que cubre un oco que existía na provincia: o da difusión de vídeoxogos. En 2012 inauguraron a plataforma que pretenden se converta no referente da promoción de vídeoxogos, cunha web actualizada con contido propio e varios vídeo-podcasts semanais.
Gómez Besteiro avanzou na clausura que o congreso de redes sociais impulsado pola Deputación reeditarase o vindeiro ano. “Xa estamos pensando con moita ilusión no #INLUGO15”, asegurou, ó tempo que animou ós participantes a “axudarnos e facer propostas para mellorar”.
Con esta segunda edición que vén de clausurarse, o #INLUGO consolídase como unha plataforma única para promocionar a provincia no exterior. Unha trintena de recoñecidos persoeiros do mundo dixital participaron no encontro, que foi seguido en San Marcos por unhas 250 persoas, ás que se sumaron varios centos a través das redes sociais e da retransmisión en streaming na web www.deputacionlugo.org grazas ó traballo de profesionais e bolseiros da Fundación TIC.
O #INLUGO, impulsado pola Deputación co fin de fomentar o uso da rede e das novas tecnoloxías entre tódolos sectores da poboación e reflexionar sobre as implicacións que ten na vida diaria, é xa un encontro de referencia en Galicia debido ó seu éxito de convocatoria e ó prestixio e proxección dos particiantes, entre os que estiveron nesta ocasión o xornalista, escritor de éxito e corresponsal de guerra Ramón Lobo.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



