Dous vivairenses participan nesta ocasión en Realimentate 2014, Otero Regal e Lucas Requejo. No caso de Otero Regal explicaralles as normas de elaboración da cerámica para uso alimentario, así coma o ISO sanitario para continentes alimentarios, as novas porcentaxes de contido en plomo e cadmio e outros materiais pesados.
A segunda edición de “Realiméntate” terá lugar do do 6 ao 8 de xuño no restaurante lalinense A Molinera, nun proxecto conxunto con Prato_do, coa idea de promover a sostibilidade nos fogóns e a relación cos productores locais. O programa péchase cun menú a seis mans asinado por Diego López ‘Moli’, Pepe Solla e Javier Olleros.
Naceu en 2013 como un proxecto conxunto entre A Molinera, restaurante coñecido por compatibilizar a tradición (cun dos mellores cocidos de Lalín) coa cociña contemporánea, e a iniciativa Prato_do. “Realiméntate” suma unhas xornadas e varias sesións de cociña a “varias mans”, ideadas para actuar como un “foro conxunto para reflexionar sobre o vínculo entre a alimentación e a gastronomía, baixo unha óptica en torno á volta ás orixes. E, ademais, cunha idea: promover a sostibilidade nos fogóns e a relación cos productores locais baixo pautas sostibles”.
Na súa segunda edición, “Realiméntate” celébrase do 6 ao 8 de xuño e suma un programa de debates, presentacións, relatorios e unha proposta de menús e tapas asinadas polos chefs Diego López ‘Moli’, da Molinera (Lalín); Pepe Solla, de Solla (Poio, Pontevedra); e Javier Olleros, de Culler de Pau (O Grove, Pontevedra).
A iniciativa arranca o venres 6 de xuño, como “O momento da reflexión”, con proxección de curtametraxes, a presentación do libro “Guía para o descenso enerxético” (de Asociación Véspera dá Nada), e un “Menú Sustentable”, elaborado por Diego López baixo unha aposta pola sostibilidade desde a súa cociña.
O sábado 7 de xuño, co “O local local como global” como eixe central, coa presentación de Ultra_Alimento, un ultramarinos da Praza de Abastos de Lalín que defende “o poder dos alimentos”; e un debate en torno ó “novo deseño de futuro para Galicia”, coa participación de varios expertos. Esa noite, poderase probar o “Menú Local”, desenvolvido por Conchi Peiteado, Manuel Garea e, como anfitrión, Diego López.
A edición 2014 de “Realiméntate” finaliza o domingo 8 de xuño, coa idea de “Unha orixe como inspiración” e un programa que suma unha cata de augas das fontes de Lalín; unha charla sobre “Viño e tradición”, de José Luís Mateos; a presentación da liña gourmet experimental de Regal Cerámica; e unha cea co “Menú Sensacións”, seis mans, por Pepe Solla, Javier Olleros e o anfitrión, Diego López ‘Moli’. Entre outros, utilizarán produtos da horta de Adelina, provedora clave de Olleros en O Grove.
De venres a domingo, cada menú ten un prezo de 40 euros (con viños e IVE). Por outra banda, A Molinera ofrecerá unha carta de tapas deseñada para o proxecto “Realiméntate”, que funcionará o venres pola noite e o sábado e domingo mediodía e noite, con prezos de 2 a 8 euros por tapa.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



