Burela, 13 de xuño de 2014. Máis de medio centenar de empresarios acudiron este xoves en Burela á xornada organizada por 3 A Consultores para analizar “La sucesión de la empresa familiar”. Luís Granda, socio director de Accint Estudo, foi o encargado de pronunciar a primeira das conferencias Preparación para a sucesión: o protocolo familiar. O relator explicou que “el protocolo familiar es una herramienta de planificación de la sucesión de la empresa familiar, que tuvo su origen en Estados Unidos y que en España comenzó a aplicarse en el año 2000”.
Luís Granda sinalou que “dicho protocolo debe firmarse ante notario y hay quien además lo inscribe en el registro mercantil, aunque esta opción es voluntaria. Luego lo normal es que se efectúen revisiones cada dos años, más o menos, porque las situaciones de las familias y de las empresas van cambiando”. Entre os datos expostos figuran que máis do 73% das empresas familiares non pasan da 1ª á 2ª xeración e entre os exemplos barallados púxose de manifesto que a Xunta de Estremadura conta cun sistema de axudas para impulsar a firma de devanditos protocolos, todo co obxectivo de intentar garantir a supervivencia das empresas familiares.
O segundo relatorio da xornada Fiscalidad da sucesión correu a cargo de Antonio López, catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago de Compostela, que subliñou que “la consideración de una empresa como familiar les permite a las firmas obtener exenciones y reducciones importantes en los impuestos que han de pagar a Hacienda”.
A xornada, que se desenvolveu no hotel Nordés, de Burela, foi presentada por Antonio Dorrego, economista de 3 A Consultores. Á conclusión os asistentes compartiron un cóctel na terraza do establecemento.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



