Foz, 16 de xuño de 2014. A Escola Municipal de Música de Foz ofrece catro concertos de fin de curso dende este vindeiro venres, día 20, ata o seguinte, 27 de xuño. Todos eles serán ás 20 horas no edificio do Cenima.
Organizados pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, o primeiro dos concertos será este venres, día 20, e correrá a cargo da sección de vento madeira. O segundo será das seccións de vento metal, violín e guitarra o luns 23. O mércores 25 actuarán as seccións de violín, guitarra e coro. E o último será o venres 27 a cargo das seccións de guitarra e coro.