Ribadeo, 16 de xuño de 2014. O alcalde, Fernando Suárez, acaba de dirixirlles unha carta ao presidente de Renfe e ao director xeral de operacións da compañía na que solicita manter unha xuntanza con eles co obxectivo de demandar a construción dun apeadeiro de Feve nas inmediacións da praia das Catedrais, por onde xa pasa o tren.
Na misiva o rexedor pon de manifesto a grande afluencia de turistas que rexistra o areal tanto na semana santa como no verán e alude a que “este fenómeno ha originado nuevos retos cara la gestión sostenible del espacio natural, que por momentos se ve saturado superándose su capacidad de acogida y comprometiéndose su conservación”.
Suárez Barcia sinala na carta que “la incorporación de soluciones verdes en la mejora de la movilidad en sus accesos se considera una prioridad” e engade que a presenza do tren de Feve, que xa discorre polas inmediacións das Catedrais, “podría constituír una alternativa en la introducción y mejora en este tipo de medidas ejemplares, con la oportunidad de poder articular una propuesta que bien podría gozar de una importante repercusión en la promoción de modelos locales de movilidad verde y sostenible, incluso en un ámbito europeo”.
Para o alcalde de Ribadeo “la presencia en esta línea férrea de un apeadero propio para la playa de As Catedrais, con la consecuente habilitación de una frecuencia de paradas adaptada a la demanda turística, es sin duda una necesidad que reforzaría seriamente las posibilidades de una mejor gestión y protección del arenal. Además esta solucción permitiría reforzar la propia oferta que Renfe dispone a través de sus trenes turísticos, en particular su Ruta de los Faros, que discurre por esta línea de Feve”.
Na carta enviada a Julio Gómez-Pomar Rodríguez e a Francisco Minayo de la Cruz o rexedor ribadense alude á idea “de colaborar conjuntamente para desarrollar un modelo ejemplar de movilidad verde local en aras de compromisos firmes con la sostenibilidad y conservación de espacios naturales únicos y si integración turística, como es el caso de la playa de As Catedrais”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



