O concelleiro do BNG, Bernardo Fraga Galdo, presenta ó Pleno da Corporación Municipal de Viveiro as seguintes preguntas:
1. Días atrás nos medios de comunicación, a Alcaldesa comunicaba que o Concello se faría cargo do pago das flores para as alfombras florais do Corpus. Sendo esta unha actividade relixiosa financiada polo goberno municipal socialista, preguntamos:
a. A canto ascende a factura correspondente ao pago das flores para as alfombras florais do corpus?
b. Non cree a señora Alcaldesa, que tal e como está a situación económica do Concello de Viveiro, así como a da sociedade en xeral, o pago dunhas flores para as alfombras florais, é un gasto innecesario, que está fora de lugar, e que debería ser financiado polos propios fieis da Igrexa Católica, se así o desexan?
2. Na sesión plenaria do 20 de xuño de 2013, este pleno aprobaba unha moción do BNG para instar ao goberno municipal a mellorar a páxina web municipal e a presenza do Concello de Viveiro nas redes sociais. A moción foi aprobada cos votos a favor de BNG, IVI e PP, co voto en contra do goberno municipal, alegando que votaban en contra porque era algo que xa estaba feito e asinado. Pois ben, un ano despois todo segue igual, o goberno socialista non cumpriu cun acordo plenario, a páxina web segue totalmente desactualizada, sen información das actividades e eventos de Viveiro, e o Concello de Viveiro non existe nas redes sociais(agás a oficina de turismo), e por isto que preguntamos:
a. Ten o Concello de Viveiro previsto renovar e actualizar a páxina web algún día,? ¿ou seguirán coa política de informar só dalgunhas das actividades, como a feira das maulas de galdo, ou o mercado tradicional de vieiro, que están hoxe na portada da web, excluíndo o resto da actividade que se desenvolve no noso Concello?
b. Ten previsto o goberno municipal de Viveiro, empregar algún día as redes sociais para informar ás súas veciñas e veciños?
ROGOS
1. A praia de Celeiro, está totalmente abandonada. As papeleiras revosan lixo e levan semanas sen recoller. A praia está chea de suciedade, a herba das xardineiras sen cortar. As veciñas e veciños xa non dispoñen de ducha para o verán, posto que a levou o temporal e o goberno municipal non a repuxo, o tubo de abastecemento das duchas está estendido por toda a Praia. A cimentación do letreiro indicativo da Praia está á vista e supón un perigo para os usuarios.
Existe un tubo de desaugue pertencente a Portos de Galiza, que xa non realiza a súa función, que non canaliza a auga e que ademais da unha imaxe lamentable da Praia. Esta situación é habitual, o goberno municipal ten totalmente desatendida a praia urbana de Celeiro. Cada pouco tempo repítese a mesma situación, e as veciñas e veciños están cansos.
Por isto, ROGAMOS ao equipo de goberno, que dunha vez por todas, atenda de maneira permanente e constante a Praia de Celeiro.
2. O alcantarillado da Rúa Cascallar, agora co nome Acceso Grupo Escolar, en Covas, está totalmente atascado e non realiza a función para a que foi construído. ROGAMOS ao equipo de goberno que proceda a realizar a limpeza do mesmo para que volva a funcionar con normalidade.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



