Cervo, a 13 de xuño do 2014.- Levamos nove meses manifestando públicamente o noso desacordo co Decreto aprobado en agosto de 2013 pola Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que deixou sen dereito conpensatorio de servizo de comedor escolar aos nenos e nenas do rural escolarizados en centros públicos. Ese dereito foi sustituido por unha subvención segundo renta, que non é o mesmo, xa que estas revísanse cada curso e poden desaparecer, como parte dun proceso lento, mais eficaz para deixar sen efecto un dereito compensatorio e sobradamente xustificado segundo o encabezamento:
Doga nº 154 Martes 13 agosto 2013 páx. 32797
“A finalidade primeira perseguida desde sempre pola conselleria en materia de educación coa xestión do servizo de comedor escolar foi dar resposta a situación de desvantaxe social e económica de moitas familias derivada do tradicional asentamento povoacional en núcleos illados e diseminados, e foi concibido polo tanto como medio de salvar as dificultades de acceso ao ensino motivadas pola dispersión xeográfica razón polo que até agora se concibia unido ao servizo de transporte escolar….”
Debemos facer notar que os ditames do Consello Escolar de Galicia, contrarios ao decreto de comedores, e os ditames do Consello de Estado sobre a LOMCE e o decreto de bolsas fan fincapé no feito de que se está a vulnerar a igualdade de oportunidades e a equidade no sistema educativo, e deixan sós ó Goberno central e ó autonómico na súa posición sobre estes asuntos.
O Decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios, pon en tea de xuízo a igualdade de oportunidades, elimina o dereito ao comedor escolar gratuíto para o alumnado transportado, vulnera o dereito á educación e o deber de estar escolarizado, non cumpre a función compensatoria, nin moito menos social, e penaliza a poboación do medio rural.
O alumnado que tiña dereito a comedor escolar gratuito é o que usa o transporte público por ter o centro de ensino que lle corresponde a mais de 2km do seu domicilio. Este servizo garantizaba o dereito a educación.
Demandamos:
O uso gratuíto do comedor escolar a todo o alumnado beneficiario do transporte escolar e daquel cuxa renda mensual familiar non exceda tres veces o salario mínimo interprofesional, no camiño de conseguir a gratuidade total para todo o alumnado escolarizado en Educación Infantil e ensino básico.
A habilitación de espazos necesarios en todos os centros públicos para que estes se poidan dotar do servizo de comedor.
O dereito, para todo o persoal do centro e alumnado, de poder facer uso deste servizo, garantíndolles unha praza no comedor.
O persoal específico para atender o servizo de comedor, coa cualificación necesaria e con relación laboral coa Consellaría de Educación,.
A xestión e funcionamento de todos os comedores escolares, que dependan directamente da Consellaría, por medio de persoal específico e cualificado, dependente da mesma.
Persoal Administrativo para todos os centros que teñan servizo de comedor.
Instalacións e espazos adecuados en todos os centros públicos de nova creación para garantir a oferta obrigatoria do servizo de comedor. Así mesmo, emprenderanse as reformas e as medidas necesarias para dotar do servizo de comedor a todos os centros públicos, hoxe en funcionamento, co obxecto de garantir as prazas suficientes a todo o alumnado do ensino infantil e obrigatorio.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



