Ribadeo, 23 de xuño de 2014.- Comeza este luns, por terceiro ano consecutivo, a campaña de recollida para o banco de libros de texto do Concello de Ribadeo. A concelleira de Servizos Sociais subliñou que ademais do factor económico “o obxectivo da iniciativa pasa por fomentar entre os máis novos valores como a solidariedade, o respecto ao medio e o uso correcto dos libros”.
A edil Teresa González Piñeira subliñou que “por terceiro ano consecutivo o Concello de Ribadeo pon en marcha o programa de banco de libros de texto. Esta iniciativa xurdiu motivada principalmente para intentar paliar a tremenda situación laboral e económica que están a soportar moitas familias e que se ve agravada polos sucesivos recortes sociais que vimos padecendo. Con todo, somos conscientes de que a capacidade das administracións locais é moi limitada, pero tamén sabemos que é a nosa obriga intentalo”.
A concelleira de Servizos Sociais dixo que “alén do factor económico, consideramos necesario fomentar entre a poboación máis nova valores como a solidariedade (doando de maneira altruísta material que xa non se precisa), o respecto ao medio (reutilizando e reducindo o consumo innecesario e prescindíbel) e o uso correcto dos libros (intentando na medida do posible non escribir neles nin rompelos)”.
González Piñeiroa sinalou que “dada a boa acollida que esta proposta tivo, non só no noso municipio senón tamén fóra, continuamos ampliando o noso fondo de libros. Segundo a información que nos achegaron as direccións dos centros de ensino, do Ceip Gregorio Sanz valerán os libros de 4º e 6º de primaria e do colexio Sagrado Corazón os de 3º, 4º, 5ºe 6º de primaria que seguen vixentes do curso 2013-2014. Entón recolleranse os libros de dos niveis indicados de educación primaria e secundaria”. O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo non participa nesta iniciativa porque conta co seu propio banco de libros.
A campaña do banco de libros de Ribadeo desenvolverase en dúas fases: desde hoxe e ata o 4 de xullo todas as persoas que o desexen poderán proceder á entrega de libros de texto en bo estado. E do 7 ao 18 de xullo as persoas interesadas en beneficiarse desta iniciativa poderán presentar a solicitude para a obtención e uso dos libros de texto dispoñibles. Teresa González inicia que “os dous trámites faranse no auditorio municipal, sede dos Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, en horario de 9 a 14 horas. Mediante esta adxudicación se pretenderá, na medida do posible, que todas as persoas doadoras se vexan tamén beneficiadas deste préstamo”.
A concelleira de Servizos Sociais lembra tamén que “todos as persoas que durante este curso que agora remata contaron con exemplares do banco de libros de texto do Concello, que procedan á súa devolución o antes posible”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



