O congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO14 impulsado pola Deputación está a renovar o éxito de participación e seguimento que logrou na súa primeira edición, o pasado ano, consolidándose deste xeito como escaparate único para proxectar á provincia no exterior. Onte, soamente nas catro horas durante as que se desenvolveu a primeira sesión do encontro, chegou a converterse en trendic topic a nivel español en Twitter e un dos cinco temas máis comentados no seu momento: case 400 usuarios da rede empregaron o hashtag InLugo, con máis de 1.500 aparicións e ata 4 millóns de impresións. Ademais, a web do encontro –www.inlugo.com- rozou as 5.000 visitas e a retransmisión en streaming rexistrou máis de 1.500 entradas, con picos de 160 persoas conectadas ó mesmo tempo durante a conferencia do xornalista, escritor e corresponsal de guerra Ramón Lobo, o acto que logrou maior poder de convocatoria. Os internautas colgaron en Instagram máis de 100 fotografías ata o momento.
As xornadas retomáronse esta mañá coa sesión “Lugo na Rede”, na que se deron a coñecer cinco empresas, iniciativas e proxectos relacionados coa Rede e con ADN lucense. Participaron Elio Laureano, de Didimox; Hugo Iglesias, de Miramar Cruceros y Nudoss; Rubén Pérez e Kathryn Phillips, Don´t be a foreigner; Santiago Martínez, Ocio en Galicia-Ocio en Lugo; e Tamara Raposo, xornalista e Community Manager. Seguidamente, Juan García, director de AdamaWeb e editor de Blogoff, galardoado polo diario 20 Minutos como mellor blog de tecnoloxía 2007 e 2º premio Bitácoras 2011, falou sobre Alfabetización dixital.
Goberno aberto
Ás 13:00 horas arrancará un espazo dedicado ó goberno aberto, unha liña de traballo pola que aposta a Deputación de Lugo para aumentar a participación cidadá e a transparencia na xestión do público, nun exercicio de profundar na democracia. Os conferenciantes na mesa redonda Open Government son Carlos Guadián (@carlosguadian), editor dende 2003 de K-Government, un dos blogs referenciais do goberno aberto; Cristina Juesas (@maripuchi), asesora do proxecto do goberno aberto do Executivo vasco; e Pablo Rivera (@priveracapon), director de Fondos Europeos da Deputación de Lugo.
Lo bueno, si breve… 8 ponencias de 15 minutos
Na sesión desta tarde, a partir das 16:30 horas, terá lugar o bloque Lo bueno, si breve…8 ponencias de 15 minutos, que inclúe as seguintes intervencións: O día que a moda chegou a Internet, Paloma Abad (@palomaabad), El País; De San Fernando a California, Alexandra Guerrero (@Drita), editora xefe de Engadget España; Imos a empezar a deixar de parecer e empezar a ser, por Clara Ávila (@claraavilaC), consultora Social Media e blogueira; A revolución das Google Glass, por Juan Barambones (@remotteglass), CEO de Remotte; Blogs e nais. O meu xefe é Ricky Martin, por Lucía Sández (@babybaballa); Máis importantes que o FBI, por Carlos Fernández, Community Manager de @policia; Así se ve o mundo dende 100 metros de altura, por Rubén e Nacho, de Air-e Lugo (@AIR_eProduccion); e Celebrities&Twitter, por Laura Pintos (@credula).
II Premios #INLUGO
Ás 19:30 horas será a entrega dos II Premios #INLUGO, cos que a Deputación recoñece aquelas iniciativas, persoas e organizacións da provincia que están a destacar no bo uso de Internet e as novas tecnoloxías en diferentes ámbitos. Presentáronse medio cento de propostas para as catro categorías do certame: Comercio, Lecer e Restauración; Educación e Formación; Cultura e Social; e Tecnoloxía.
O broche final do congreso, ás 20:00 horas, poráo Pepo Jiménez (@Kurioso), responsable da plataforma que monitoriza os contidos da rede máis exitosos, amosando Os 10 mellores momentos de Internet 2014.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



