Lugo 24 de xuño de 2014.- O grupo provincial do Partido Popular defendeu hoxe durante o transcurso da sesión plenaria que as pezas da colección Álvaro Gil regresen ao Museo provincial pero insiste en que “Besteiro e Outeiro suspenden na xestión levada a cabo”
Os populares lembraron a cronoloxía dos feitos e explicaron que cando o presidente provincial accedeu ao goberno “tiñamos a colección completa no museo e incluso os contadores a cero”. A vía do contencioso administrativa en data 22/3/2007 inadmitiu a trámite os recursos de casación interpostos por ambas partes e a vía civil non se inicia ata o 18/12/2008.
“Besteiro que desapareceu durante todo o proceso, chega ao final para apuntarse o que el considera un bo tanto”, matizaron os populares, mentres a propia familia de Álvaro Gil en declaración aos medios aseguraba que non tiña unha palabra boa que dicir do socialista que puido solucionalo no 2008 sen poñer nin un só euro.
Polo tanto, a día de hoxe, o presidente provincial deixa un compromiso de 400 millóns de pesetas “para que o paguen os que veñan e a maiores sen a colección de pintura”
Falta de transparencia
Os populares tamén denunciaron a falta de transparencia nas negociacións posta de manifesto durante os últimos dous anos, ata o punto de que o Grupo Provincial do Partido Popular veuse na obriga de solicitar unha xunta de voceiros para ser informado; a maiores de serlle notificado o acordo no último momento
Neste senso, os populares tamén censuraron o intercambio de desacreditacións e de descalificacións “ás que asistimos en prensa e que, sen dúbida, danaban a imaxe da institución e dicían moi pouco dun presidente pouco preocupado pola nosa cultura e que non estivo a altura das circunstancias”.
Puntualizacións que xustifican a abstención do GPP
Polo tanto, os populares manifestaron a súa alegría de que as pezas volvan ao museo pero “suspendemos a xestión de Besteiro, de Outeiro e do Equipo de Goberno”.
“Asistimos a un espectáculo circense nos medios de comunicación e a unha falta de coordinación entre o bipartidismo da Deputación”, matizaron os populares, e agora “atopámonos con que os lucenses teñen unha nova débeda”. “Demostramos con cifras que Besteiro multiplica o endebedamento por catro e segue comprometendo para que pague o resto”





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



