O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou este xoves os diplomas ós participantes nas accións formativas celebradas no Sur da provincia co Fórmate en Verde, o programa da Deputación que xera emprego e fixa poboación no rural. Foron 286 as persoas que se beneficiaron dos 21 obradoiros sobre agricultura ecolóxica levados á zona. Os participantes recibiron gratis formación e asesoramento técnico especializado para crear novas empresas. Gómez Besteiro adiantou que, froito destes cursos, xa están en marcha as primeiras 6 novas explotacións de agricultura ecolóxica en Carballedo, Guntín, Chantada, Castro de Rei e Sarria. O titular provincial avanzou a creación na provincia doutras 15 empresas sobre gandería ecolóxica e o sector forestal co Fórmate en Verde.
“Esta é a semana do emprego. Puxemos en marcha o II Campus de Emprendemento Sostible, co que ofrecemos formación gratuíta a 120 emprendedores para que poñan en marcha os seus negocios. E facémolo tralo éxito da primeira convocatoria, coa que se crearon as primeiras 7 empresas nas Reservas da Biosfera de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. Hoxe avanzamos a creación doutras 21 empresas de agricultura e gandeiría ecolóxica, así como sobre o sector forestal, co Fórmate en Verde. Mañá aprobaremos na Xunta de Goberno 72 novas accións formativas gratuítas para máis de 1.000 desempregados lucenses co Pacto Provincial polo Emprego para facilitar a súa inserción laboral”.
21 novas empresas
As 21 novas empresas distribúense do seguinte xeito: 9 explotacións de gandeiría ecolóxica, situadas nos Concellos de Friol, Pol, Láncara, Pedrafita do Cebreiro, Muras, Quiroga e Cospeito; 6 de agricultura ecolóxica en Carballedo, Guntín, Chantada, Castro de Rei e Sarria; e 6 empresas do sector forestal en Guitiriz, Viveiro, Vilalba, O Saviñao e Cospeito. Gómez Besteiro tamén salientou que, a maiores destas 21 empresas xa consolidadas, hai outras 6 que están en proceso de formación.
Fórmate en Verde na Zona Sur
O organismo provincial centralizou as accións formativas sobre agricultura ecolóxica do Fórmate en Verde na Zona Sur, tendo en conta que nas Comarcas de Chantada ou Lemos a superficie dedicada ó cultivo é de entre o 30 e o 50%, e que Monforte acolle a sede do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. A provincia de Lugo conta con 341 dos 814 operadores inscritos no CRAEGA; é a primeira provincia galega en volume de negocio, con 9 millóns de euros, e a segunda, despois de Ourense, en canto a superficie, con máis de 6.400 hectáreas.
Formación, práctica e asesoramento
Mais de 900 persoas participaron no plan de emprego Fórmate en Verde, financiado ó 80% pola Unión Europea a través do programa medioambiental Lug02, que tivo tres eixes: formación, visitas prácticas a empresas xa consolidadas dos sectores agropecuario e forestal e asesoramento técnico especializado a todos os participantes para crear empresas no rural vinculadas ós sectores gandeiro, agrícola e forestal.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



