O PSdeG-PSOE de Burela desexa manifestar a súa enorme satisfacción ao coñecer a noticia de que a colección Álvaro Gil voltará ao Museo Provincial. Especialmente satisfeitos estamos sabendo que o Torques de Burela formará de novo parte, e dun xeito xa definitivo, da colección do Museo lugués, rematando así cun despropósito que iniciou o Partido Popular cando gobernaba a Deputación de Lugo con Cacharro Pardo ó fronte.
Desexamos tamén felicitar á Deputación Provincial de Lugo polas importantes xestións que se desenvolveron para que unha peza tan importante a todos os niveis (patrimonial, cultural, artístico…), mais tamén a nivel sentimental para os burelaos se recupere para que sexa custodiada e exposta na institución onde debe estar e de onde agora sabemos que non volverá saír.
Xa para rematar mostramos tamén a nosa gratitude coa Deputación Provincial, que conseguiu pechar un proceso longo iniciado na época de Cacharro Pardo do xeito máis beneficioso economicamente falando para todos e para todas, posto que conseguiuse que a familia propietaria do tesouro rebaixara as súas peticións inciais en máis da metade.