Ribadeo, 11 de xuño de 2014. O alcalde, Fernando Suárez, envioulle unha nova carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, solicitando manter un encontro entre ambas partes co obxectivo de coordinar actuacións para preservar a praia das Catedrais, unha das sete marabillas naturais do Estado. Suárez Barcia critica o silencio que escoitan as súas propostas por parte das administracións autonómica e estatal.
O rexedor dixo que “o que sen dúbida é un motivo de orgullo e de alegría para todos os veciños deste concello por ter unha das praias máis importantes, máis coñecidas e máis bonitas do mundo como é o areal das Catedrais ou de Augas Santas, que é como lle chamamos aquí, e que é recoñecido día tras día por diferentes medios de comunicación do país, do Estado, a nivel internacional e a onde cada vez ven máis xente”.
Suárez Barcia considera que “no lado oposto a todo isto está o silencio cómplice, a displicencia con que as diferentes administracións con responsabilidades neste entorno, como a Xunta de Galicia ou o Ministerio de Medio Ambiente, non están en absoluto atendendo ás múltiples e cordiais chamadas que desde o Concello estamos a facer para complementar, para dialogar, para intentar facer actuacións mínimas de impacto e de inversión, pero que garantan que esta praia siga a ser un lugar de referencia e que non acabe morrendo de éxito e de masificación, que é o que todo apunta que vai acontecer en breve”.
O alcalde de Ribadeo explicou que “si ben en semana santa enviarámoslle unha misiva ao presidente da Xunta e outra ao ministro de Medio Ambiente e Medio Rural para buscar un diálogo, a día de hoxe non tivemos nin siquera unha contestación formal, escrita ou verbal. De aí que, aproveitando a selección da praia das Catedrais coma unha das marabillas naturais do Estado por unha coñecida compañía aseguradora, a través das redes sociais e do voto de ducias de milleiros e milleiros de internautas, hoxe mesmo veño de enviarlle unha nova comunicación ao presidente da Xunta para convidalo a que se reúna conmigo para falar de tu a tu, abertamente e ao mesmo nivel, para garantir que esta marabilla natural non sexa algo do pasado, senón que pode ter futuro e que entre todos busquemos medidas de conciliación, medidas que permitan que todo o mundo a poida visitar, pero medidas que impidan que se estrague”. Suárez Barcia subliñou que “o que estamos pedindo é diálogo para abordar e resolver os problemas e que a nosa sociedade, a nosa economía e o noso país saian reforzados aproveitando os noso recursos”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



