O multideportista internacional viveirense Cristóbal Rodríguez obtiña o pasado domingo en Valladolid o subcampionato da Copa do Rei de Esgrima 2014, co Sala de Armas Monjutic da Cidade Condal, do cal é titular na especialidade de Esgrima á Espada, e tan só catorce días despois de proclamarse Campión de España Élite Absoluto de Pentatlón Moderno.
O mariñán, que tuvo que librar durisimos combates, enfrontouse xa en semifinais e finais cos potentisimos tiradores do “SAMA” e do “CEM”, ambos de Madrid, librando intensos encontros na loita polas Medallas da Copa, nun dos cuales lle tocou con José Luis Abajo (Pirri), único medallista olimpico español en esgrima e ó cal apearón das medallas individuais. Rodríguez, ó que o Mestre do SAM e os seus compañeiros encomendaron o cerra dada a súa maior altura e velocidade na pista, conseguiu non sen sufrir manter ó seu equipo na loita polo podio da Copa do Rei cedendo o Ouro ó final tan só por catro puntos, quedando a clasificación así: SAMA: 108 puntos, SAM: 104, e o CEM: 91, o cal daba finalmente a medalla de prata ó conxunto do SAM que lideraba o pentatleta e multideportista mariñán.
Ó remate do Campionato os medios de comunicación nacionais e locais de prensa, radio e televisións autonomicas entrevistaban ós diferentes protagonistas. No seu turno Rodríguez amosouse satisfeito pola prata, pero con ese mal sabor que queda ó perder por tan pouco, “aínda que aquí, o que menos, sabe facer encaixe de Camariñas e á que te despistas, líancha”, manifestou o mariñán nun claro xesto de referencia á súa retranca galega.
O mariñán, que chegara de Moscú esta mesma semana na que foi finalista na Copa Kremlin, tamén comentou que inmediatamente saía para unha concentración internacional en Tata (Hungría) na que botará tres semanas para preparar o Campionato de Europa Absoluto para o que está xa clasificado, e sentia non poder desfrutar un poco máis as medallas cos seus compañeiros.