Lugo, 26 de xuño de 2014.- Do 18 ao 27 de xullo Ribadeo converterase na capital do jazz, xa que acollerá, en distintas localizacións da vila, concertos e actividades no marco do III Festival de Jazz, unha actividade posta en marcha pola Asociación Cultural Jazzeo, en colaboración coa área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo. O salón de actos do Pazo de San Marcos acolleu, esta mañá, a presentación do mesmo, a cargo do vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, que estivo acompañado por Rafael Monteavaro, do colectivo organizador; Fernando Martínez, representante de Músicas no Camiño Sociedade Civil; e Manolo Guitiérrez, pianista do grupo Sumrra.
Durante a súa intervención, Antonio Veiga destacou que “o III Festival de Jazz de Ribadeo vai máis alá dunha programación de concertos, e achegará ás xentes de Ribadeo e da Mariña un maior coñecemento sobre este estilo musical que cada vez cobra máis presenza na comarca, grazas a iniciativas coma a que hoxe nos ocupa”.
De feito, a programación desta terceira edición do festival ribadense comezará con actividades como a inauguración da exposición “Fotografías de jazz”, de Esther Conchada, que estará aberta ao público na Sala Municipal de Exposicións, dende o 18 ata o 27 de xullo. Ademais, neste terceiro ano de vida o festival ofrecerá un ciclo de cine, coa proxección dos filmes “Honeydripper”, “Let’s get lost” e “Straight no chaser”, os días 18, 19 e 21 de xullo, respectivamente, ás 22.30 horas, no Cine-Teatro, con entrada de balde.
Completarán esa programación formativa unha conferencia a cargo de Juan Cifuentes “Cifu”, baixo o título “El mundo del jazz”, o 19 de xullo, ás 20.30 horas, no Cine-Teatro; e a táboa redonda “Jazz en Galicia, presente e futuro” coa participación deJuan Torreiro xornalista de La Voz de Galicia e titular do blog especializado “Dulce y canalla”, un representante da Administración, un promotor e produtor, Xacobe Martínez Antelo músico representante da Asociación Galega de Música ao Vivo e Juan Paz brand manager de Estrella de Galicia, empresa moi vinculada ao jazz. Estas dúas actividades tamén con entrada de balde. Asemade, o Parque Municipal acollerá os días 21 e 22 de xullo un mercado de discos e merchandising de jazz.
Os concertos celebraranse do 24 ao 27 de xullo, a partir das 21.00 horas, na carpa instalada na avenida Rosalía de Castro, e estarán amenizados por artistas e bandas da talla de Alfredo García Quartet, Alexandra in Grey, Hiromi Trio Project featuring Anthony Jackson & Simon Phillips, que actuarán o día 24; Carmen Rey Band, Bezil Meade Trio featuring Annette Bowen, e Joanne Shaw Taylor, que actuarán o venres 25; Victor Aneiros Blues Band, Cosmosoul e Nicholas Payton Trio, que o farán o sábado 26; e Sumrrá, La Vella Diexiland con Marián Barahona, e Eric Sardinas, que estarán en concerto o domingo 27 de xullo.
As entradas están á venta na web de NovaGalicia Banco e Musikaze.com. Pódese mercar abono sentado para os catro días por 80 euros, ou entrada individual sentada 25 euros por concerto; ou abono de pé para os catro días por 60 euros, e entrada individual de pé por 20 euros. A compra de entradas establécese para os concertos dos días 24, 25, 26 e 27 de xullo. A maiores, os días 20 e 22 de xullo haberá dúas sesións gratuítas, na Praza do Cantón, a partir das 23.00 horas, a cargo dun cuarteto de jazz.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



