Os premios do VIII Concurso de relatos curtos, poesía e debuxo convocado anualmente pola Asociación Cultural “Os Matos” cuxo lema nesta ocasión foi “As plantas da nosa paisaxe” foron entregados este venres 13 de xuño na biblioteca do IES Perdouro.
O presidente da A.C. Os Matos, Antón Niñe; a coordinadora do EDLG, Miruca Parga, e o director, Santiago Pérez, entregaron os diplomas e uns agasallos aos premiados. As obras gañadoras están publicadas na revista escolar. Na modalidade de poesía, as composicións gañadoras foron “Flores de Primavera” de Itziar García Cruz (2º E.S.O. A) Os como primeiro premio da categoría de primeiro ciclo da ESO e “As laranxas da laranxeira” de Arantxa Basanta Otero (2º E.S.O. A) como segundo premio da categoría. Na modalidade de Relatos Curtos, as obras gañadoras foron “Non me esquezas, amapola” de Pedro Artai Fernández Padrón (1º E.S.O. A) como premio da categoría de primeiro ciclo da ESO e “Casquiña” de Mario Cordido García (2º E.S.O. B) como segundo premio da categoría; “As plantas da nosa paisaxe” de Laura Sofía Semedo Brito (4º E.S.O.), como primeiro premio da categoría de relato curto do segundo ciclo da ESO, e “Un novo gran líder” de Mario Nieto Fraga (4º E.S.O. PDC) como segundo premio do certame na categoría. Alexandra Granda Márquez (1º Bach. A) acadou o primeiro premio de imaxe e María Prieto Casares (1º Bach. B), o segundo.
VIII CONCURSO DE POESÍA E RELATO CURTO – Tema: “As plantas da nosa paisaxe”
Categoría 1º e 2º de E.S.O. – Poesía
Primeiro Premio: “Flores de Primavera” – Itziar García Cruz (2º E.S.O. A)
Segundo Premio: “As laranxas da laranxeira” – Arancha Basanta Otero (2º E.S.O. A)
Categoría 1º e 2º de E.S.O. – Relatos Curtos
Primeiro Premio: “Non me esquezas, amapola” – Pedro Artai Fernández Padrón (1º E.S.O. A)
Segundo Premio: “Casquiña” – Mario Cordido García (2º E.S.O. B)
Categoría 3º e 4º de E.S.O. – Relatos Curtos
Primeiro Premio: “As plantas da nosa paisaxe” – Laura Sofía Semedo Brito (4º E.S.O.)
Segundo Premio: “Un novo gran líder” – Mario Nieto Fraga (4º E.S.O. PDC)
VI CONCURSO DE IMAXE – Tema: “As plantas da nosa paisaxe”
Categoría Bacharelato, P.C.P.I. e Ciclos Formativos
Primeiro Premio: Alexandra Granda Márquez (1º Bach. A)
Segundo Premio: María Prieto Casares (1º Bach. B)






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



