Santiago, 18 de xuño de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou hoxe que os populares galegos “somos contrarios á suba do imposto sobre o valor engadido (IVE) nos produtos pesqueiros”. O parlamentario popular sinalou que non comparten, en relación con este asunto, a recomendación realizada polo Informe Lagares, o documento elaborado pola comisión de expertos sobre a reforma fiscal. O voto favorable do Grupo Popular permitiu a aprobación dun acordo polo que a Cámara galega insta á Xunta, por unanimidade, a reclamar do Goberno español que non leve a cabo este aumento.
Balseiro entende que incrementar a carga tributaria de produtos alimentarios básicos, como son os peixes e mariscos, repercutiría negativamente no sector, “xa que encarecería o prezo e prexudicaría o consumo e as cifras de venda”.
Unha recomendación
Balseiro aclarou, en todo caso, que o coñecido como Informe Lagares contén unha serie de recomendacións formuladas por un grupo de expertos a petición do Ministerio de Facenda, “pero non é, polo tanto, unha proposta en firme do Goberno de España”.
De feito, será o Consello de Ministros quen proximamente presentará a proposta inicial de reforma fiscal que despois seguirá os trámites parlamentarios fixados. Neste sentido, Balseiro indicou que “confiamos nas palabras do Ministro de Facenda cando explicou que non forma parte das previsións do Goberno subir a tributación indirecta de ningún produto pesqueiro”.
Promoción do consumo
Os populares din que unha medida destas características sería contraproducente cos esforzos que está a desenvolver o sector e a propia Xunta de Galicia para incentivar o consumo dos produtos do mar, pesca e marisqueo, e para mellorar o seu sistema de comercialización e posición no mercado.
Ademais, Balseiro lembrou que a Organización Mundial da Saúde recomenda entre dúas e catro racións semanais a inxesta mínima de produtos pesqueiros, como medida para garantir unha dieta saudable, dato avalado pola, a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria e a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



