Lugo, 24 de xuño de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo ratificou este martes en pleno o compromiso do PP cos profesionais do mar para que obteñan “uns mellores prezos e contribuír á sostenibilidade das flotas e dos recursos pesqueiros”.
O compromiso do Partido Popular manifestouse no voto a favor de que o Goberno galego tome medidas ante a remisión do borrador do Real Decreto que regula a primeira venda para impedir que esta se poida realizar nos Mercas. Neste senso, mentres os populares lembraron o apoio do seu grupo no Parlamento galego a unha proposta semellante; criticaron que na Cámara autonómica os socialistas se abstiveran.
Primeira venda nos Mercas
En relación ao borrador de Real Decreto polo que se regula a primeira venda dos produtos pesqueiros; os populares manifestaron que se “trata dun documento de traballo sometido ao debate e á consideración do sector, que pode e debe ser mellorado e enriquecido”
Aos populares, matizaron, “non nos parece unha medida acertada o feito de introducir un novo actor na primeira venda, fóra das lonxas e fóra das zonas portuarias”. “Esta é a liña do Goberno galego, precisamente porque as alegacións feitas polo sector e, concretamente polas principais entidades pesqueiras da Mariña de Lugo, veñen nesta liña”
A maiores, os populares manifestaron que o seu grupo coincide na necesidade de “actualización da normativa da primeira venda dos produtos pesqueiros, adecuando as súas condicións ás distintas normativas comunitarias”. Deste xeito, “estamos ante un reto obxectivo moi claro: que os profesionais da pesca obteñan uns mellores prezos e contribuír a sostenibilidade das flotas e dos recursos pesqueiros”.
Suba do IVE aos produtos pesqueiros
Os populares reiteraron durante a súa intervención a súa posición en contra á suba do IVE nos produtos pesqueiros que repercutiría negativamente no sector.
Dende o GPP explican que non comparten a proposta do informe de expertos, coñecido como Informe Lagares, e que, polo tanto, non se trata dunha proposta realizada polo Goberno central, que xa manifestou que non subiría este imposto.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



