Estimada Presidenta de Galicia Bilingüe, tenme que desculpar por que non siga o seu blog, nin os seus artigos. De feito creo que xa cada vez menos xente lle ri a vostede as gracias. Nin aqueles que hai cinco anos viron na súa defensa do castelán en Galiza un filón de votos, están agora moi atentos ás súas leccións de historia. Seica a última ten que ver co discurso no novo rei e a alusión que este fixo a Castelao. Recoñezo que non seguín dito discurso, pois non acredito na monarquía, polo tanto tampouco no monarca, nin neste nin no anterior, mais supoño que a intención de Felipe VI sería a de botar un guiño a Galiza, un país recoñecido como nacionalidade histórica na vetusta constitución de 1978.
O erro de Felipe de Borbón foi en todo caso non consultarlle a vostede, recoñecida historiadora e politóloga, o que Castelao significa para Galiza. Faltoulle tempo para aclaralo, xa que como recolle o seu blog persoal, Castelao foi un xenófobo. Curioso cualificativo que, se cadra, teremos que xuntar no curriculum do de Rianxo xunto ó de intelectual, narrador, ensaísta, debuxante ou dramaturgo.
Dende logo chama a atención que fale vostede de xenofobia cando dende a asociación que dirixe leva sementando crispación e división en base a teorías que non cualificarei de xenófobas aínda que lle anden moi preto. Teorías que falan dun idioma, o castelán, que estaría en risco de desaparecer en Galiza.
Ó mellor estou equivocado, pero segundo teño entendido vive vostede en Vigo, porque se fose no Caurel, lugar fermoso onde os haxa, podería entender iso de que o castelán ten pouca presenza no noso país, sempre en canto non chegase ó seu fogar a radio, a TV, a prensa, internet, etc.
A súa lección de integración cultural baséase na teoría de que o pequeno agrede ao grande e este ten, xa que logo, dereito de defensa, mesmo de aniquilación.
Castelao foi un xenófobo, di. O pai do nacionalismo galego fala dunha raza superior, a galega, e dun país non contaminado por cruce de razas. Esa é a conclusión que saca vostede da mensaxe do “Sempre en Galiza”, mais permítame que lle diga unha cousa, ou dúas. Se exercese, tería iso do que presumimos os galegos: a perspicacia. Diste xeito tería comprendido a defensa da historia de Galiza que explica o autor. Por certo, unha historia que non está salpicada nin de barbaries, nin de invasións, nin de xenocidios. Como país invadido, Galiza tivo que soportar primeiro polas armas as imposicións administrativas e logo, como moi ben fai vostede, as culturais. A súa conclusión é sorprendente: o agresor leva a paz e a concordia e o masacrado é un violento sumamente perigoso. Esta película xa a coñecemos, é posible que mesmo sexa vostede unha amante dos western, porque no fondo a idea é a mesma: uns indios salvaxes que matan por goce e uns colonizadores que buscan o ben dos nativos.
E xa para rematar, voulle recordar o titular dun dos xornais que amplifican con máis agrado toda a súa linguaxe, é do dous de setembro de 1939 e di así: “Polonia ataca Alemaña”. O resto da historia xa a coñece, supoño.



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



