Viveiro, 7 de maio, 2026. A oitava edición do Rally da Mariña Lucense disputarase esta fin de semana —do 8 ao 9 de maio— coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, principal patrocinadora da proba.
O Rally, que foi gañando participantes e afección de forma sostida ao longo dos anos, alcanza nesta edición unha participación récord, con 128 pilotos inscritos. As estradas do Vicedo, Xove e Cervo acollerán os tres treitos cronometrados da proba, que se disputarán en tres pasadas ao longo da xornada do sábado.
O deputado Daniel García e o responsable de Mix Rally Sport, Ignacio Dávila, presentaron o Rally nun acto que contou con representantes municipais e con pilotos locais. O deputado mariñao valorou “esta participación comarcal como un dos aspectos máis destacados da traxectoria do Rally”, que —lembrou— “se puxo en marcha en 2019 co apoio da Vicepresidencia da Deputación, que apostou desde o inicio por levar a Mariña ao calendario do automobilismo galego de asfalto”. Daniel García incidiu en que “o obxectivo do apoio institucional ás probas é fomentar e facilitar a práctica deportiva en todo o territorio”.
O Rally inaugurarase oficialmente mañá venres coa cerimonia de saída, que se celebrará na Avenida da Mariña, en Viveiro, a partir das 20:00 horas. En Viveiro estarán tamén o parque pechado e o parque de asistencia, mentres que Burela acollerá o parque de reagrupamento dos coches.
Apoio ao automobilismo
O apoio á celebración do Rally da Mariña —cunha achega de 23.000 euros— encádrase na colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén co tecido automobilístico provincial, mediante o patrocinio das probas máis destacadas da provincia —Rally San Froilán, Subida Ribeira Sacra Chantada, Subida á Pontenova e Subida a Taboada—, a organización do Volante Deputación, orientado a pilotos noveis que se queren iniciar na competición, e a convocatoria anual de axudas de concorrencia competitiva para pilotos.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



