O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, lembrou que este recurso atende a nenos e nenas de entre 0 e 6 anos dunha decena de concellos próximos
Mondoñedo, 9 de maio de 2026. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá na inauguración das III Xornadas de Atención Temperá do concello de Mondoñedo. Durante o acto, puxo en valor o labor deste servizo que atende a preto dun cento de nenos e nenas de entre 0 a 6 anos con problemas de desenvolvemento de xeito totalmente gratuíto.
Neste sentido, explicou que esta unidade de Mondoñedo é esencial para este municipio e tamén para os da contorna, prestando un servizo esencial en ata outros nove concellos lindeiros: Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol. Deste xeito, lembrou que a Xunta inviste 183.000 euros cada ano para garantir o seu funcionamento e consolidar este recurso fundamental para preto de cen familias.
Jacobo Rey tamén puxo en valor o compromiso do Concello de Mondoñedo e do persoal desta unidade por impulsar espazos de diálogo coma estas xornadas, que serven de punto de encontro para moitos profesionais e tamén familias que queren intercambiar experiencias e seguir mellorando a calidade de vida dos nenos e nenas. Por iso, trasladou o compromiso da Xunta coa atención á infancia e o importante esforzo realizado nos últimos anos, que permitiu pasar de dúas unidades de atención temperá no 2009 ás preto de 60 que hai hoxe en funcionamento en Galicia.




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



