27 de xuño de 2014.- Coincidendo co Día do Orgullo LGTBI, Espazo lamenta a oportunidade perdida coa aprobación da Lei LGTBI no Parlamento de Galicia. “Esa lei non protexe as persoas LGTBI da violencia e non garantiza medidas suficientes para promover o respecto a toda a diversidade afectivo sexual e de xénero no noso país”, salienta a organización ecosocialista.
Para Espazo “O día do Orgullo é un día para celebrar a diversidade e o respecto a todas as persoas, pero tamén para lembrar que aínda existe discriminación e violencia, cando paradóxicamente o dereito a non discriminación é un dereito humano”.
Hai que seguir loitando namentras non sexan recoñecidos os dereitos por manifestar unha identidade sexo-afectiva e de xénero diferente a aquela que impón o modelo neoliberal patriarcal, afirman dende Espazo, ao mesmo tempo que proclaman, máis que nunca, o orgullo de seren diversas.