María Prieto Casares, alumna de 1º de Bacharelato e no nome dos seus compañeiros de clase, foi a encargada de introducir o labor do alumnado no acto de presentación do número 20 da revista escolar Maruxía da Asociación Cultural “Os Matos” do IES Perdouro. Asistiron ao acto Santiago Pérez Docobo, director do centro educativo; Antón Niñe, Presidente da A.C. Os Matos e Miruca Parga, coordinadora do EDLG. Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Miruca Parga traballou co seu alumnado de 1º de bacharelato de Tecnoloxía da Información e da Comunicación na maquetación da revista. Despois de 20 anos de publicación continuada en papel, a revista escolar dos Matos segue recollendo unha mostra das actividades e traballos realizados no centro durante o curso académico.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



